O Ministerio de Industria duplicou en seis meses o custe da parte fixa da factura da luz, a que se paga pola potencia contratada. Incrementouse un 92% dende xullo.
Fálase
A Mesquita de Córdoba será propiedade "eterna" da Igrexa Católica en 2016 se antes desa data as administracións non reclaman a titularidade pública do monumento. En 2006 o Bispado inscribiuna ao seu nombre no Rexistro da Propiedade valéndose da Lei Hipotecaria de 1947.
O paro rexistrado subiu en máis de 10.000 persoas en Galicia durante o mes de xaneiro e xa son 281.077. Segundo as oficinas de emprego, no conxunto do Estado o desemprego incrementouse en máis de 100.000 persoas no mesmo período. Máis información, hoxe en Praza.
O Santander inclúe cláusulas de silencio nas súas negociacións coas persoas afectadas con produtos financeiros tóxicos. Cóntao El Diario.
Meteogalicia agarda para hoxe ventos de ata 140 quilómetros por hora e a Xunta suspendeu as clases na Mariña polo temporal
A Policía sinala a Álvarez Cascos como o "maior perceptor de fondos" da trama Gürtel. O ministro tería cobrado máis de 800.000 euros.
A moción de censura na Mezquita non sae adiante. Un informe da Deputación ourensá estima "improcedente" tanto o debate coma a votación por non acadar o número mínimo de apoios, ao ser "transfuga" un dos concelleiros asinantes da moción.
AtlantTIC, centro de I+D centrado nas novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación e impulsado pola Universidade de Vigo, oferta medio cento de novos postos de traballo para investigadores e investigadoras
Carmen Iglesias abandona AGE e será deputada do Grupo Mixto no Parlamento de Galicia.