O Santander inclúe cláusulas de silencio nas súas negociacións coas persoas afectadas con produtos financeiros tóxicos. Cóntao El Diario.
Fálase
Meteogalicia agarda para hoxe ventos de ata 140 quilómetros por hora e a Xunta suspendeu as clases na Mariña polo temporal
A Policía sinala a Álvarez Cascos como o "maior perceptor de fondos" da trama Gürtel. O ministro tería cobrado máis de 800.000 euros.
A moción de censura na Mezquita non sae adiante. Un informe da Deputación ourensá estima "improcedente" tanto o debate coma a votación por non acadar o número mínimo de apoios, ao ser "transfuga" un dos concelleiros asinantes da moción.
AtlantTIC, centro de I+D centrado nas novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación e impulsado pola Universidade de Vigo, oferta medio cento de novos postos de traballo para investigadores e investigadoras
Carmen Iglesias abandona AGE e será deputada do Grupo Mixto no Parlamento de Galicia.
Gciencia publica este luns unha reportaxe sobre o caruncho (ou cornecho), un fungo con propiedades alucinóxenas presente no centeo, e a súa importancia para o nacemento da industria farmacéutica galega, o Laboratorio Miguel Servet e a xigante química Zeltia.
Na canle de Vimeo de Enimaxes podemos ver os efectos na cidade da Coruña do temporal que esta fin de semana golpeou Galicia
764.400 galegos e galegas utilizaron o pasado ano o aeroporto de Porto, representando un 12% do total de viaxeiros. Os xestores de Sá Carneiro queren incrementar esta cifra, até que os e as usuarias procedentes de Galicia sexan o 25%.