A parte fixa do recibo da luz duplicouse nun ano e penaliza o aforro. Cóntao El Diario
Fálase
O FROB só recuperará 728 millóns de euros dos máis de 9.000 que inxectou en Novagalicia Banco. En Faro de Vigo
Un empregado de Bankia, condenado a un ano de cárcere pola Audiencia de Pontevedra por enganar unha clienta anciá. Cóntao El País.
Dúas obras galegas entran na lista de honra do IBBY. Palabras de auga, de Marcos Calveiro (Xerais), foi seleccionada na modalidade de escritores; e a versión en galego que fixo para Kalandraka Carlos Acevedo dos Contos por teléfono de Gianni Rodari foi seleccionada no apartado de traducións.
O FROB recoñece que vender Novagalicia supón "unha perda apreciable" de fondos públicos, pero asegura que era a "única alternativa".
Google censura o perfil da revista feminista Pikara Magazine na súa rede social Google Plus. A compañía atribúelle á publicación contidos "pornográficos".
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia e a Coordinadora Galega de ONGD presentáronlle á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) as súas propostas ao Plan Galego de Inclusión Dixital
O PP gañaría as eleccións xerais se se celebrasen agora, segundo o barómetro do CIS, aínda que obtería só o 32,1% dos votos (doce puntos menos que en 2011), fronte ao 26,6% do PSOE (dous puntos menos), o 11,3% de IU e o 9,2% de UPyD. Rajoy obtén unha valoración de 2,2 puntos sobre dez, e entre os ministros só Arias Cañete supera o 3. A corrupción segue crecendo entre as preocupacións dos cidadáns e xa é a primeira para catro de cada dez.
A Alianza Social Galega convocará mobilizacións nos últimos días de febreiro Por outra saída da crise. Os secretarios xerais do S.N. de CC.OO, CIG e UGT-Galicia explicarán este xoves en rolda de prensa os detalles.
O investigador galego Roi Villar vén de lanzar iLoveScience, unha plataforma en liña que permite aos cidadáns colaborar distintas investigacións en marcha facendo doazóns con aqueles proxectos cos que sintan máis sintonía.