Oito inmigrantes morren ao intentar chegar a Ceuta a nado. A cifra de falecidos podería aumentar nas vindeiras horas.
Fálase
#consellodaxunta A Xunta coloca 500 millóns de euros de débeda con, segundo Feijóo "o tipo de xuro máis baixo da historia da débeda pública", o 1,89%. Dende 2009 os xuros da débeda do Goberno galego disparáronse un 138%
Xaneiro foi o mes con máis días de chuvia en Galicia dende que hai rexistros, segundo datos recompilados pola Xunta.
Suíza votará este domingo en referendo unha proposta para limitar o número de traballadores extranxeiros no país, e que afectaría directamente os 38 mil galegos e galegas residentes.
A Policía quere manter a prensa lonxe da infanta Cristina na súa chegada aos xulgados de Palma o vindeiro sábado, onde declarará no marco do caso Nóos. Cóntao El País.
Unha web interactiva recolle os casos de presunta corrupción e enriquecemento ao abeiro dos xogos olímpicos de inverno na cidade rusa de Sochi
O xornal portugués Público analiza como, tamén no país veciño, a emigración inflúe de xeito determinante na redución das cifras oficiais de desemprego.
Un novo recorte de primas á produción eléctrica agrava a crisis financeira de Sogama, que admite "un escenario negativo" e "preocupante" e terá que revisar o seu plan de viabilidade.
El Diario bota a andar o blog Micromachismos, que vai "denunciar os machismos cotiáns e tantas veces normalizados".
El Diario bota a andar o blog Micromachismos, que vai recoller