Este 25 de nadal Praza non se actualizará por descanso da redacción. Boas festas a todos e todas!
Fálase
Facua denuncia o Goberno ante a Comisión Europea por non cumprir a directiva de electricidade, que especifica que os prezos deben ser "razoables e claramente comparables". A entidade sinala que na actualidade non se garante a protección "dos consumidores vulnerables". Facua-Consumidores en Acción convocou para o vindeiro 30 de decembro un apagón de 19 a 20 horas para protestar contra a continuada suba do prezo da luz.
Nace Enchufados, unha nova publicación humorística en galego, con gran presenza do humor gráfico e da banda deseñada, de periodicidade quincenal e venda en quioscos.
Os 17 traballadores e traballadoras de Povisa denunciados por "ocupar" a sede da Xunta en Vigo o pasado 5 de agosto en defensa do seu convenio colectivo, absoltos de todos os cargos, ao non incorrer en causa penal ningunha.
Banesco inicia a liquidación de Novagalicia ao poñer á venda activos valorados en 4.000 millóns. Trátase de activos considerados non estratéxicos, coma a carteira de participacións empresariais da antiga CXG Corporación Caixa Galicia.
Xa se pode ver integramente o debate de Galiza Ano Cero sobre "Desobediencia civil", no que participaron Xosé Manuel Beiras, Quim Arrufat, Vera Cruz Montoto e Rubem Centeno
Lendoiro non se presentará á reelección e deixará a presidencia do Deportivo, segundo adiantan varios medios. O aínda presidente do club coruñés vén de convocar unha rolda de prensa ás 13.30. Máis información, hoxe en Praza.
O temporal deixa centos de incidencias en Galicia e 90.000 fogares sen luz. O vento superou os 190 km/h nalgúns puntos do país e provocou a caída de árbores e danos en numerosos edificios.
A Generalitat de Cataluña impedirá cortarlle a luz e o gas a familias pobres. A medida salva a prórroga dos orzamentos provocada polo recurso do PP ás contas do Govern.
Amancio Ortega gasta 500 millóns na compra dun emblemático edificio en Londres. Faise co Devonshire House, un inmoble histórico do West End da capital británica.