Amancio Ortega gasta 500 millóns na compra dun emblemático edificio en Londres. Faise co Devonshire House, un inmoble histórico do West End da capital británica.
Fálase
60 anos despois de ser condenado por ser homosexual, o matemático Alan Turing vén de recibir o "perdón real" e queda exonerado de todos os seus cargos, a través dun edicto asinado pola Raíña de Inglaterra.
Le Pen apoia a reforma da lei do aborto de Gallardón. O líder ultradereitista afirma en Twitter que a norma española demostra "que se pode actuar con mesura, intelixencia e preocupación polo respecto á vida"
Celia Villalobos responde á carta publicada por Elena Valenciano, na que lles pedía ás mulleres con cargos de responsabilidade no PP que evitasen a reforma do aborto impulsada por Gallardón. Villalobos, que hai un mes anunciou que non está de acordo coa reforma, afirma que "as mulleres do PP non necesitamos que nos digan o que facer"
Unha árbore caída provocou esta noite a saída de vía dun tren en Viveiro. Non houbo feridos entre os seus dez pasaxeiros.
Irmandade TV analiza o proceso soberanista catalán nunha entrevista con Vicent Partal, director de Vilaweb
Público debate con distintos grupos feministas a conveniencia ou non de legalizar a prostitución, nunha reportaxe que reflicte a división de opinións existente neste asunto
Caja Madrid perdooulles máis de 16 millóns de euros a PP e PSOE. A entidade realizou quitas de máis do 70% aos créditos dos dous principais partidos
O diario británico The Times, de liña conservadora, critica con dureza a reforma da lei do aborto do Goberno de España no seu editorial. Para o rotativo, a norma "vai danar a saúde das mulleres e a vida familiar". Titúlano Abuso de poder
Os xogadores do Obradoiro cantan o Pousa, pousa nun vídeo para a campaña de abonados do club galego.