Le Pen apoia a reforma da lei do aborto de Gallardón. O líder ultradereitista afirma en Twitter que a norma española demostra "que se pode actuar con mesura, intelixencia e preocupación polo respecto á vida"
Fálase
Celia Villalobos responde á carta publicada por Elena Valenciano, na que lles pedía ás mulleres con cargos de responsabilidade no PP que evitasen a reforma do aborto impulsada por Gallardón. Villalobos, que hai un mes anunciou que non está de acordo coa reforma, afirma que "as mulleres do PP non necesitamos que nos digan o que facer"
Unha árbore caída provocou esta noite a saída de vía dun tren en Viveiro. Non houbo feridos entre os seus dez pasaxeiros.
Irmandade TV analiza o proceso soberanista catalán nunha entrevista con Vicent Partal, director de Vilaweb
Público debate con distintos grupos feministas a conveniencia ou non de legalizar a prostitución, nunha reportaxe que reflicte a división de opinións existente neste asunto
Caja Madrid perdooulles máis de 16 millóns de euros a PP e PSOE. A entidade realizou quitas de máis do 70% aos créditos dos dous principais partidos
O diario británico The Times, de liña conservadora, critica con dureza a reforma da lei do aborto do Goberno de España no seu editorial. Para o rotativo, a norma "vai danar a saúde das mulleres e a vida familiar". Titúlano Abuso de poder
Os xogadores do Obradoiro cantan o Pousa, pousa nun vídeo para a campaña de abonados do club galego.
O "negocio" dos nenos futbolistas procedentes de países en vías de desenvolvemento volve centrar a atención de Desalambre, o espazo de El Diario centrado nos dereitos humanos.
O "negocio" dos nenos futbolistas procedentes de países en vías de desenvolvemento volve centrar a atención de Desalambre, o espazo de El Diario centrado nos dereitos humanos.