O "negocio" dos nenos futbolistas procedentes de países en vías de desenvolvemento volve centrar a atención de Desalambre, o espazo de El Diario centrado nos dereitos humanos.
Fálase
O "negocio" dos nenos futbolistas procedentes de países en vías de desenvolvemento volve centrar a atención de Desalambre, o espazo de El Diario centrado nos dereitos humanos.
Cinco Días explica o procedemento que debe seguir un traballador ou traballadora para que se lle reduza dous puntos a retención do IRPF, sempre que gañe menos de 33 mil euros anuais e teña dereito a dedución por vivenda. A persoa beneficiaria debe entregar un formulario na súa empresa antes do 1 de xaneiro
El Plural destaca as "escandalosas adxudicacións de Feijóo á empresa da súa irmá". Eulen foi beneficiada durante todo o 2013 con contratos de diferentes consellarías e da TVG
O ex presidente e o ex director xeral de Caixa Laietana, imputados polas preferentes. Un xuíz admite unha querela contra eles e cinco ex directivos máis.
A Xunta debe 224 millóns en facturas, malia rebaixar os atrasos nun ano un 60%. A cifra é un 21% superior aos 185 millóns que debía en 2010.
O Celta tan só empata na casa ante Osasuna (1-1) e mantense un punto por riba dos postos de descenso. Augusto empatou tras o tanto inicial dos navarros.
Gallardón intercedeu por empresarios e executivos en Caja Madrid tras apoiar a continuidade de Miguel Blesa. Desbloqueou millóns de euros a favor de amigos malia a opinión contraria de expertos.
Grupos ultracatólicos e expertos antiabortistas asesoran ao Goberno na nova lei. As asociacións en defensa das mulleres foron incluídos na listaxe de consultados malia que case non recibiron información.
Fútbol. Resultados da Terceira galega:
Fabril 1 - 1 Racing Vilalbés
Laracha 2 - 1 Cerceda
Betanzos 2 - 1 Arousa
Ordes 0 - 0 Boiro
Pontevedra 3 - 1 Dorneda
Barbadás 2 - 1 Choco
As Pontes 3 - 1 Bertamiráns
Alondras 1 - 1 Cultural Areas
Rápido de Bouzas 2 - 1 Grixoa
Negreira 0 - 2 Somozas