A CRTVG sufriu este domingo problemas técnicos que provocaron que o Telexornal comezase con media hora de atraso.

A CRTVG sufriu este domingo problemas técnicos que provocaron que o Telexornal comezase con media hora de atraso.
“Se eu non fora crente e tivese un revólver buscaba o tipo e pegáballe un tiro na cabeza”, di o ex-alcalde do Grove Alfredo Bea Gondar en El Mundo sobre o autor de Fariña, Nacho Carretero. A editorial, Libros del K.O., amosa o seu malestar en Twitter cun chío no que agradece de xeito irónico á Xustiza o secuestro do libro.
Catro persoas resultaron feridas durante a pasada noite por accidentes contra árbores caídas por mor do vento, informa o 112. O litoral das Rías Baixas e a Costa da Morte ten aviso vermello ata as tres da tarde deste domingo por ondas de ata nove metros. O resto de Galicia está afectada por aviso amarelo por vento.
Este sábado cúmprense 25 anos do debate para a reforma do Regulamento do Parlamento de Galicia que limitou a capacidade de manobra da oposición e no que Xosé Manuel Beiras petou no escano co zapato. Uns meses antes o PP xa mudara a lei electoral galega para limitar que os partidos minoritarios conseguisen escanos.
DOCUMENTAL | “Isto cae!” O Concello de Ferrol homenaxea as mulleres da loita obreira de 1972 cun documental divulgado na véspera do 8M e que podes ver aquí.
Toda Galicia está esta fin de semana baixo avisos meteorolóxicos de distintos niveis por vento, ondas ou precipitacións, que o domingo pola mañá será de nivel vermello por ondas de ata 9 metros nas Rías Baixas e a Costa da Morte.
Fomento rexeita mellorar e humanizar a N-VI ao paso por Lugo, como pediron de xeito unánime todos os grupos na Deputación, porque di que ten pouco tráfico. O ministerio di, en resposta a unha pregunta do PSOE, que a estrada presenta un “estado de conservación adecuado” e que só fará actuacións de mantemento segundo as “dispoñibilidades orzamentarias”.
O xuíz Llarena impide que Jordi Sànchez poida acudir ao pleno de investidura no Parlament de Catalunya, para o que foi designado candidato. O que fora líder da ANC está en prisión preventiva. Está a contalo eldiario.es
A actriz Iria Pinheiro denuncia por acoso ao director do programa da TVG Con amor e compañía. É unha información do xornalista Daniel Salgado en Sermos Galiza.
Amazon comeza a executar a paralización da distribución do libro Fariña alegando un "problema de seguridade" na súa entrega. Así o revelou a editorial, Libros del KO, que recibiu a pasada semana a orde de secuestro do xulgado de Collado Villalba que tramita a demanda interposta polo ex-alcalde do Grove Alfredo Bea Gondar.