A actriz Iria Pinheiro denuncia por acoso ao director do programa da TVG Con amor e compañía. É unha información do xornalista Daniel Salgado en Sermos Galiza.

A actriz Iria Pinheiro denuncia por acoso ao director do programa da TVG Con amor e compañía. É unha información do xornalista Daniel Salgado en Sermos Galiza.
Amazon comeza a executar a paralización da distribución do libro Fariña alegando un "problema de seguridade" na súa entrega. Así o revelou a editorial, Libros del KO, que recibiu a pasada semana a orde de secuestro do xulgado de Collado Villalba que tramita a demanda interposta polo ex-alcalde do Grove Alfredo Bea Gondar.
O persoal da Xustiza en folga retoma este venres as negociacións coa Xunta tras un mes de mobilización laboral.
O DOG de hoxe tamén o asinan homes: 53 a 30. O Diario Oficial de Galicia deste xoves 8 de marzo contén preto dun cento de ordes, resolucións, edictos ou anuncios emitidos en días pasados por varias administracións e publicados agora que poden servir de exemplo da presenza de mulleres en postos de responsabilidade. 53 están asinados por homes fronte a só 30 por mulleres. Do resto, 13 asínanos homes por delegación das súas superioras mulleres e dous mulleres por delegación de superiores varóns, ademais de outro sen asinar.
VÍDEO | A ministra de Sanidade e Igualdade rexeita ser definida como "feminista" ou "antirracista" porque "non me gustan as etiquetas". Dolors Montserrat firmouno durante unha entrevista na Cadena SER
Román Escolano será o substituto de Luis de Guindos como ministro de Economía. Escolano foi alto cargo no Goberno de Aznar, presidiu o Instituto de Crédito Oficial e foi directivo do BBVA, entre outros postos.
O Goberno central inclúe o himno da Armada ou o pasodobre La Banderita no temario sobre a defensa de España para Primaria. Defensa e o Ministerio de Educación elaboran unha unidade didáctica para incluír un temario sobre seguridade, Forzas Armadas e símbolos nacionais.
Estes son os servizos mínimos na Xunta e en todas as entidades públicas dependentes do Goberno galego durante a folga feminista do 8 de marzo. O DOG publícaos este mércores, con apenas 24 horas de marxe para eventuais recursos.
A cooperativa MaOs Innovación Social recompila unha trintena de documentais centrados nas mulleres galegas e que se poden ver de balde na rede
Medio cento de trens deixarán de circular en Galicia pola folga deste xoves día 8 de marzo. Aquí podes ver o listado completo.