O DOG de hoxe tamén o asinan homes: 53 a 30. O Diario Oficial de Galicia deste xoves 8 de marzo contén preto dun cento de ordes, resolucións, edictos ou anuncios emitidos en días pasados por varias administracións e publicados agora que poden servir de exemplo da presenza de mulleres en postos de responsabilidade. 53 están asinados por homes fronte a só 30 por mulleres. Do resto, 13 asínanos homes por delegación das súas superioras mulleres e dous mulleres por delegación de superiores varóns, ademais de outro sen asinar.
