VÍDEO | A ministra de Sanidade e Igualdade rexeita ser definida como "feminista" ou "antirracista" porque "non me gustan as etiquetas". Dolors Montserrat firmouno durante unha entrevista na Cadena SER
Fálase
Román Escolano será o substituto de Luis de Guindos como ministro de Economía. Escolano foi alto cargo no Goberno de Aznar, presidiu o Instituto de Crédito Oficial e foi directivo do BBVA, entre outros postos.
O Goberno central inclúe o himno da Armada ou o pasodobre La Banderita no temario sobre a defensa de España para Primaria. Defensa e o Ministerio de Educación elaboran unha unidade didáctica para incluír un temario sobre seguridade, Forzas Armadas e símbolos nacionais.
Estes son os servizos mínimos na Xunta e en todas as entidades públicas dependentes do Goberno galego durante a folga feminista do 8 de marzo. O DOG publícaos este mércores, con apenas 24 horas de marxe para eventuais recursos.
A cooperativa MaOs Innovación Social recompila unha trintena de documentais centrados nas mulleres galegas e que se poden ver de balde na rede
Medio cento de trens deixarán de circular en Galicia pola folga deste xoves día 8 de marzo. Aquí podes ver o listado completo.
Quen foi candidata de Ciudadanos á presidencia da Xunta, Cristina Losada, asina un manifesto de mulleres contra o feminismo con outras dirixentes e ex-dirixentes de PP ou UPyD.
A folga na Xustiza obriga a suspender as declaracións de imputados e testemuñas do accidente de Angrois previstas para este mércores.
O Pleno da Coruña aproba de forma inicial a modificación do PXOM no ámbito da Solana para blindar a titularidade pública dun terreo litoral que estivo a piques de ser privatizado o pasado ano pola Autoridade Portuaria. O PP, que hai anos modificou o PXOM para permitir a privatización desta parcela, abstívose nesta votación.
A edil de igualdade de Ourense, Sofía Godoy (PP), rexeita que o Concello apoie a folga feminista por estar "directamente impulsada por un grupo político con perigosos nexos e afinidades" con países "onde as mulleres levan burka". Godoy censura ademais a folga por "politizada" e fomentar o "odio entre mulleres e homes". O vídeo, correspondente ao pleno municipal, foi difundido por Ourense en Común, que a través da concelleira Ledicia Piñeiro agradece que o PP "quite a careta".