O Pontevedra fortalece o seu liderado en Terceira tras vencer o Sanxenxo (0-1). No resto da xornada: Bertamiráns 0 0 Arousa; Boiro 0 2 Rápido de Bouzas; Silva 1 0 Alondras; Laracha 2 1 Choco; Ordes 0 1 Barbadás; Racing Vilalbés 2 0 Cerceda; Cultural Areas 3 2 As Pontes; Ribadumia 1 1 Bergantiños; Fabril 5 0 Ribadeo.
Fálase
O Racing de Ferrol leva o derbi galego de 2ªB ante o Compostela (0-3). No resto da xornada, o Celta B caeu 3-1 ante o Tropezón, o Somozas na casa ante o Logroñés (0-1) e o Coruxo empatou ante o Burgos (1-1).
Marcial Dorado branqueou millóns durante a súa amizade con Feijóo. A xustiza atribuíu a súa fortuna ao tráfico de drogas, cantidades que acumulou na época na que gozaba das vacacións co actual presidente da Xunta. Os iates nos que viaxaba o líder do PPdeG foron decomisados.
Un galego que paga pola súa herdanza 27.000 euros, pagaría 1.200 en Madrid. O contribuínte pode pagar ata 30 veces máis que noutras comunidades autónomas.
Sete mil universitarios galegos quedan sen bolsa tras a reforma de Wert. Supón unha baixada do 30% nas axudas a estudantes logo de se endurecer os requirimentos.
Carnota, Foz e Cedeira son os concellos galegos con máis vivendas baleiras, segundo conta La Voz de Galicia. 300.000 inmobles esperan ocupantes no país.
Un morto e tres policías feridos nun tiroteo nun debate sobre liberdade de expresión e Islam en Copenhague. Un ilustrador ameazado por debuxar a Mahoma estaba entre os participantes.
A AELG premia a Asociación de Medios en Galego e o CXPX nos premios de 2015 e concédelle a Letra E ao escritor Xosé María Álvarez Cáccamo. A asociación propón para o Nobel a Agustín Fernández Paz, que se une a Luz Pozo Garza e Méndez Ferrín.
O Deportivo cae (2-0) ante o Real Madrid malia ofrecer unha boa imaxe. O equipo galego plantoulle cara ao conxunto madridista e tivo varias ocasións no Bernabéu.
O embaixador francés en Dinamarca sobrevive a un tiroteo nun relatorio sobre o Islam. Hai varios policías feridos.