Carnota, Foz e Cedeira son os concellos galegos con máis vivendas baleiras, segundo conta La Voz de Galicia. 300.000 inmobles esperan ocupantes no país.
Fálase
Un morto e tres policías feridos nun tiroteo nun debate sobre liberdade de expresión e Islam en Copenhague. Un ilustrador ameazado por debuxar a Mahoma estaba entre os participantes.
A AELG premia a Asociación de Medios en Galego e o CXPX nos premios de 2015 e concédelle a Letra E ao escritor Xosé María Álvarez Cáccamo. A asociación propón para o Nobel a Agustín Fernández Paz, que se une a Luz Pozo Garza e Méndez Ferrín.
O Deportivo cae (2-0) ante o Real Madrid malia ofrecer unha boa imaxe. O equipo galego plantoulle cara ao conxunto madridista e tivo varias ocasións no Bernabéu.
O embaixador francés en Dinamarca sobrevive a un tiroteo nun relatorio sobre o Islam. Hai varios policías feridos.
O apoio a Syriza aumenta en Grecia ata máis do 45% na primeira sondaxe despois das eleccións. A coalición de esquerda gobernaría por maioría absoluta se agora se celebrasen eleccións.
Pedro Armas, membro da Executiva do PSdeG, dimite para "buscar un partido de esquerda" e por "discrepancias coa liña ideolóxica" do partido, tanto a nivel estatal como local. "O PSOE deixou de ser de esquerdas en 2010", di.
O Concello da Coruña pagou a Vendex como extras servizos xa incluídos no contrato. A xuíza intenta averiguar se se pediu unha compensación unha vez comprobados os cobros indebidos.
A causa pola caixa B do PP en Ourense salpica xa 28 dirixentes populares. Atopáronse facturas sospeitosas de senadores, deputados e cargos da Xunta e a xuíza cre que o obxectivo era "encubrir doazóns" ao partido.
O Goberno central admite que descoñece onde foron parar 500 millóns de euros recadados coas taxas xudiciais. Recólleo Europa Press