O Goberno central admite que descoñece onde foron parar 500 millóns de euros recadados coas taxas xudiciais. Recólleo Europa Press
Fálase
Vixilancia Aduaneira conclúe que o alcalde de Lugo non se enriqueceu de maneira "inxustificada" nin grazas a "comisións" ou fondos de orixe "descoñecida". O informe forma parte da investigación da Pokémon. Recólleo El Progreso
Besteiro lamenta que Feijóo teña "pouco corazón e pouca eficacia" cos doentes de Hepatite C. Sinalouno tras unha xuntanza con SOS Sanidade Pública na que amosou o apoio do PSdeG á mobilización que a plataforma prepara para o 19 de marzo.
A conselleira de Sanidade négase a revelar o nome da comisión de expertos da Hepatite C para protexelos "da presión". A plataforma de doentes advertiu de que, se a Xunta non o fai, eles mesmos contarán quen son estas persoas.
Fianza de 800 millóns para a cúpula de Bankia pola súa saída a Bolsa. O elevado importe e que deba ser satisfeita de forma solidarafará cargar co peso á entidade rescatada con cartos públicos.
O PSOE gañaría as eleccións andaluza con seis puntos por riba do PP. Podemos sería terceira forza, superando a IU, segundo o Estudio General de Opinión Pública de Andalucía (Egopa).
Membros do BNG e CIG autoincúlpanse por ter participado na protesta antitroika en Compostela e en solidariedade cos compañeiros imputados por manifestarse contra a presenza de Merkel en Galicia o pasado verán.
Bruxelas admite que o TTIP permite aos EUA vender máis de 1.000 cosméticos prohibidos na UE. Así llo recoñeceu a Comisión a unha europarlamentaria de Podemos nun debate organizado pola OCU.
España é o Estado da OCDE que menos redistribúe a riqueza despois de impostos. Sen regularización fiscal que limite a actual concentración de capitais, non se logrará reducir a desigualdade.
Gerardo Crespo implica a Feijóo nas actividades de Pachi Lucas na trama Zeta. "Traballei con el coas beizóns de Feijóo e pagáballe porque era o seu amigo", asegura o líder desta trama, que insiste en que Lucas era "amigo íntimo" do presidente da Xunta e "conseguía contratacións en distintos lugares de España". Asegurouno nunha entrevista en Radio Coruña.