España é o Estado da OCDE que menos redistribúe a riqueza despois de impostos. Sen regularización fiscal que limite a actual concentración de capitais, non se logrará reducir a desigualdade.
Fálase
Gerardo Crespo implica a Feijóo nas actividades de Pachi Lucas na trama Zeta. "Traballei con el coas beizóns de Feijóo e pagáballe porque era o seu amigo", asegura o líder desta trama, que insiste en que Lucas era "amigo íntimo" do presidente da Xunta e "conseguía contratacións en distintos lugares de España". Asegurouno nunha entrevista en Radio Coruña.
Un ex senador do PSOE de Ourense aparece tamén na lista Falciani con 120 millóns de dólares. Cándido Rodríguez, emigrante en Venezuela, asegura que as contas eran do banco que presidía naquel país e non súas.
Antiviolencia eleva a 144 os multados con 60.000 euros por participar na liorta entre ultras do Frente Atlético e dos Riazor Blues. Cada un dos sancionados terá prohibida a entrada a un recinto deportivo durante cinco anos.
Tsipras responde a España: "Rajoy trabúcase ao relacionar preocupaciones domésticas con Grecia". O primeiro ministro grego rexeita os reproches do Goberno español ás axudas recibidas polo seu país e advirte de que o presidente está "moi nervioso".
O ministro de Exteriores sentencia que "sen prestar cartos a Grecia" as pensións en España "subirían un 38%". Margallo asegura tamén que sen esas axudas o subsidios de desemprego terían subido un 50%. Recólleo El Diario
Un ex senador socialista por Ourense figura como titular de 120 millóns en contas en Suíza, segundo a Lista Falciani. El asegura que os cartos non son seus, senón do banco venezolano que presidía. Cóntao laSexta.
O BNG de Compostela reivindica cun acto na rúa a construción de vivenda pública no centro histórico como estaba previsto. O Concello e a Xunta liquidaron este proxecto da avenida Xoán XXIII para construír alí pisos privados e trasladas as casas protexidas aos arrabaldos da cidade.
Un equipo arqueolóxico galego e británico analiza na Cova do Santo (Rubiá) o meirande conxunto de restos humanos da prehistoria achado nunca en Galicia. Trátase dun conxunto de 64 ósos humanos e animais cunha antigüidade de case catro mil anos, da Idade de Bronce. A investigación foi publicada no Journal of Archaeological Science
Varios colectivos (coma a Asociación de Mulleres Cineastas, a Asociación de Mulleres Investigadoras ou Mulleres na Música) fan pública unha carta que chama os homes a non participar en ningún debate, programa televisivo, faladoiro, congreso, xurado ou festival de composición exclusivamente masculina. O texto denuncia a "hipocrisía" ao redor de moitas das conmemoracións do 8 de marzo