Varios colectivos (coma a Asociación de Mulleres Cineastas, a Asociación de Mulleres Investigadoras ou Mulleres na Música) fan pública unha carta que chama os homes a non participar en ningún debate, programa televisivo, faladoiro, congreso, xurado ou festival de composición exclusivamente masculina. O texto denuncia a "hipocrisía" ao redor de moitas das conmemoracións do 8 de marzo
Fálase
O plan reitor do Parque Natural das Fragas do Eume recibe 700 alegacións de propietarios, concellos e entidades ecoloxistas. A SGHN publica un comunicado no que critica a xestión da Xunta e lle pide que busque "o consenso"
Gerardo Crespo facía pagos mensuais a Pachi Lucas, segundo admite a directora financeira de Azetanet. O líder da trama corrupta pide que declare o empresario madrileño, ao que di que pagaba 3.000 euros ao mes para que lle conseguise contratos públicos.
O BNG denuncia que o PSOE colocou a dedo o 12% dos traballadores do Concello de Ourense. A formación nacionalista cre "escandalosa" a xestión de persoal durante os últimos oito anos.
Caballero insiste en que a Cruz do Castro "nin é conflitiva nin xera confrontación" tras a sentenza que dá a razón ao Concello e evita a derruba que ordenara un xulgado de Vigo.
Escotet, vicepresidente de Abanca, tamén foi cliente do HSBC. Tiña 4,5 millóns de dólares a título persoal e outros 7 a nome de Banesco, banco do grupo co que mercou ao Estado Novagalicia, segundo asegura El Confidencial. O dono venezolano das antigas caixas galegas di que os cartos están declarados no seu país de orixe.
O Eurogrupo exixe a Grecia que siga co rescate para poder negociar. Os socios europeos non conseguen pactar unha prórroga ante a negativa do país heleno.
Doentes de Hepatite C protestan no interior do Parlamento ao rexeitar o PP unha iniciativa para garantirlles o tratamento. "Só nos queda o dereito a morrer", din. Máis información, hoxe en Praza.
O voceiro de Podemos en Uruguai sinala que nas súas referencias aos "galegos" se refería aos "españois", xeito "coloquial" no país. Jorge Castrillón engade, asemade, "desculpas polo mal formulada que estivo a frase". "Falabamos de forma coloquial e podería articulalo máis claralmente" ou "sen caer en localismos lingüísticos que puidesen ofender sen pretendelo". Coméntao nesta entrada do seu blog.
Pedro Sánchez expulsa a Tomás Gómez, líder dos socialistas madrileños, e propón a disolución do PSM e a creación dunha xestora para dirixir o partido. Na orixe do conflito están as investigacións polo sobrecuste e posible desvío de cartos nas obras do tranvía de Parla.