O Eurogrupo exixe a Grecia que siga co rescate para poder negociar. Os socios europeos non conseguen pactar unha prórroga ante a negativa do país heleno.
Fálase
Doentes de Hepatite C protestan no interior do Parlamento ao rexeitar o PP unha iniciativa para garantirlles o tratamento. "Só nos queda o dereito a morrer", din. Máis información, hoxe en Praza.
O voceiro de Podemos en Uruguai sinala que nas súas referencias aos "galegos" se refería aos "españois", xeito "coloquial" no país. Jorge Castrillón engade, asemade, "desculpas polo mal formulada que estivo a frase". "Falabamos de forma coloquial e podería articulalo máis claralmente" ou "sen caer en localismos lingüísticos que puidesen ofender sen pretendelo". Coméntao nesta entrada do seu blog.
Pedro Sánchez expulsa a Tomás Gómez, líder dos socialistas madrileños, e propón a disolución do PSM e a creación dunha xestora para dirixir o partido. Na orixe do conflito están as investigacións polo sobrecuste e posible desvío de cartos nas obras do tranvía de Parla.
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña acordou nomear a Nicanor Acosta como Republicano de Honra 2015, pola súa incansable actividade militante na cidade dende os anos 60. Crego primeiro, secularizado despois, traballou dende o barrio da Agra do Orzán a prol do comercio xusto, dos dereitos dos inmigrantes e nos últimos anos participa activamente no 15M, en Stop Desafiuzamentos ou nas recentes protestas do Ofimático, nas que foi multado con máis de mil euros.
Unha concentración amosa o seu apoio a Xurxo, veciño de Coia, ante os xulgados aos que acode hoxe tras ser acusado dunhas supostas lesións a un axente durante as protestas contra a rotonda. Pídenlle dous anos e medio de cadea.
O goberno socialista avisou por carta aos españois da lista Falciani para que regularizasen a súa situación e evitasen penas de cárcere en 2010. Funcionarios da Axencia Tributaria denunciaran "trato de favor".
De Lara encarga un informe sobre facturas falsas e sobresoldos de Vendex no Concello da Coruña. A xuíza reclama ao Miniterio de Facenda "os gastos e compensacións" do consistorio a unha filial da empresa.
Feijóo viaxará por sexta vez a México durante o Entroido. Será nunha xira que o levará tamén a Perú e Colombia para "seguir avanzando na internacionalización das empresas".
O líder de Podemos en Uruguai equipara "paleto" a galego nunha entrevista. Jorge Castrillón fíxoo nunha entrevista ao principal diario do país e pediu logo desculpas. "Metín a zoca un pouco bastante", asegurou.