A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña acordou nomear a Nicanor Acosta como Republicano de Honra 2015, pola súa incansable actividade militante na cidade dende os anos 60. Crego primeiro, secularizado despois, traballou dende o barrio da Agra do Orzán a prol do comercio xusto, dos dereitos dos inmigrantes e nos últimos anos participa activamente no 15M, en Stop Desafiuzamentos ou nas recentes protestas do Ofimático, nas que foi multado con máis de mil euros.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/54db1d121107c-captura.jpg)