Feijóo viaxará por sexta vez a México durante o Entroido. Será nunha xira que o levará tamén a Perú e Colombia para "seguir avanzando na internacionalización das empresas".
Fálase
O líder de Podemos en Uruguai equipara "paleto" a galego nunha entrevista. Jorge Castrillón fíxoo nunha entrevista ao principal diario do país e pediu logo desculpas. "Metín a zoca un pouco bastante", asegurou.
Suíza ignora desde hai un ano a orde de arresto española contra un directivo de HSBC. A Audiencia Nacional ditou o 17 febreiro de 2014 a primeira orde de detención internacional contra un banqueiro suízo.
O 11% das persoas pobres sono malia ter traballo. A pobreza medrou en máis dun millón de persoas no Estado desde 2009 e xa alcanza ao 27% da poboación.
Representantes da Marea Atlántica, Guanyem, Ganemos e FRAVM debaten arestora en Madrid sobre as "novas apostas municipais". O acto, organizado por Eldiario.es, pódese seguir ao vivo nesta ligazón
O presidente dos comuneiros de Cabral, Luis Rodríguez, acudiu esta mañá a declarar por un suposto delicto de apropiación indebida. Nos xulgados foi recibido por ducias de veciños, que lle preguntaban sobre as irregularidades na súa xestión e pedían a dimisión da xunta reitora.
O pleno do Parlamento comeza con protestas de Francisco Jorquera e Xosé Manuel Beiras polos novos límites ás iniciativas de AGE e BNG. Antes da sesión, o grupo do Bloque concentrouse simbolicamente amorzadado.
Román Rodríguez e Valeriano Martínez toman posesión como novos conselleiros de Cultura e Educación e Facenda nun acto no que Feijóo e os conselleiros saíntes aproveitan para facer campaña.
Ducias de detidos en Andalucía pola fraude dos cursos de formación, entre eles políticos, empresarios e funcionarios. A operación prevé que se practiquen unhas noventa detencións nas vindeiras horas.
A SER despide sete veteranas traballadoras, varias por motivos disciplinarios. Entre as despedidas está a galega Ana Guantes, unha das responsables do informativo Hora 14.