Román Rodríguez e Valeriano Martínez toman posesión como novos conselleiros de Cultura e Educación e Facenda nun acto no que Feijóo e os conselleiros saíntes aproveitan para facer campaña.
Fálase
Ducias de detidos en Andalucía pola fraude dos cursos de formación, entre eles políticos, empresarios e funcionarios. A operación prevé que se practiquen unhas noventa detencións nas vindeiras horas.
A SER despide sete veteranas traballadoras, varias por motivos disciplinarios. Entre as despedidas está a galega Ana Guantes, unha das responsables do informativo Hora 14.
A lista Falciani revela que a familia Pujol xa operaba en Suíza en 1994. Os fundadores do ABC tamén posuían cartos nunha conta de HSBC.
TVE contrata xornalistas de Intereconomía para o ano electoral e os traballadores denuncian a creación dunha "redacción paralela" por parte do PP na canle pública.
Os adultos que retoman os estudos soben un 80% en Galicia desde o inicio da crise. A comunidade conta con máis de 30.000 matriculados en ensinanzas para adultos, a metade en FP. Uns 1.300 reciben clases de alfabetización.
Europa intensifica a presión sobre a Grecia de Tsipras. A UE e os mercados rexeitan as teses do primeiro ministro no seu discurso de investidura.
Bruxelas vixía se España inclúe no Plan Juncker conexións de AVE de dubidosa rendibilidade. O fondo non financiará a alta velocidade se non a ve viable.
Román Rodríguez será o novo conselleiro de Educación. O ata agora deputado do PP substituirá a Jesús Vázquez e Valeriano Martínez, que exercía a Secretaría Xeral da Presidencia, será o recambio para Elena Muñoz en Facenda, segundo vén de confirmar a Xunta. Os ata agora conselleiros serán candidatos do PP ás alcaldías de Ourense e Vigo.
Falciani ficha por Podemos. O ex informático de HSBC que extraeu a lista con milleiros de evasores fiscais está a elaborar un informe para o programa político da formación que lidera Pablo Iglesias.