Román Rodríguez será o novo conselleiro de Educación. O ata agora deputado do PP substituirá a Jesús Vázquez e Valeriano Martínez, que exercía a Secretaría Xeral da Presidencia, será o recambio para Elena Muñoz en Facenda, segundo vén de confirmar a Xunta. Os ata agora conselleiros serán candidatos do PP ás alcaldías de Ourense e Vigo.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/54d8f519b18ee-novosconselleiros.jpg)