Os españois da lista Falciani tiñan 1.800 millóns opacos en Suíza. Varios medios europeos revelan o contido da listaxe, con máis de 2.600 clientes de España, entre eles banqueiros como Emilio Botín.

Os españois da lista Falciani tiñan 1.800 millóns opacos en Suíza. Varios medios europeos revelan o contido da listaxe, con máis de 2.600 clientes de España, entre eles banqueiros como Emilio Botín.
Finaliza a xornada na Segunda B. Vitorias do Celta B ante o Zamora (4-1) e do Rácing ante o Tropezón (3-0). Empate do Compostela ante o Logroñés (3-3). E derrotas do Coruxo en Langreo (2-1) e do Somozas ante o Valladolid B (1-0). O Rácing de Ferrol sitúase terceiro, en postos de play-off de ascenso.
Finaliza a xornada na Terceira galega. Pontevedra, Cerceda, Dépor B, Arousa e Ribadumia lideran a clasificación
As Pontes 3-1 Silva
Barbadás 3-0 Bertamiráns
Ribadeo 1-2 Ordes
Arousa 2-0 Laracha
Choco 1-1 Boiro
Rápido de Bouzas 2-0 Cultural Areas
Alondras 0-0 Racing Vilalbés
Cerceda 2-0 Xuventú Sanxenxo
Pontevedra 3-1 Ribadumia
Bergantiños 2-0 Deportivo B
O Lugo remontou o seu partido ante Las Palmas, líder da categoría, e gañou no Anxo Carro (2-1) con dous goles de Iriome. Os lucenses levaban oito partidos sen vencer e afástanse un pouco dos postos de descenso.
O vicepresidente de Abanca e presidente do Grupo Banesco, Juan Carlos Escotet, negou este domingo estar negociando con CaixaBank a absorción de Abanca, como publicaron nos últimos días algúns medios.
Angela Merkel, François Hollande, Vladimir Putin e Petro Poroshenko tratarán o mércores en Minsk (Bielorrusia) o conflito aberto entre Ucraína e Rusia. Kiev pide armamento para loitar contra os grupos prorrusos, pero os países da UE son reacios a esta medida, que si podería ter o apoio dos Estados Unidos.
A Praza da Quintana está ateigada, á espera das intervencións que pecharán a manifestación #queremosgalego
Milleiros de persoas percorren as rúas de Compostela #queremosgalego
Os inscritos e inscritas en Podemos Compostela decidiron que a formación participe nas eleccións municipais a través de Compostela Aberta. Esta opción foi a máis votada, cun 57.71% dos apoios, no referendo levado a cabo nos últimos días. Participaron 220 persoas, das que só un 8% rexeitou concorrer aos comicios.
Está a piques de comezar, en Santiago, a manifestación en defensa da lingua convocada por Queremos Galego. Imaxe: Anina_as