Os inscritos e inscritas en Podemos Compostela decidiron que a formación participe nas eleccións municipais a través de Compostela Aberta. Esta opción foi a máis votada, cun 57.71% dos apoios, no referendo levado a cabo nos últimos días. Participaron 220 persoas, das que só un 8% rexeitou concorrer aos comicios.
Fálase
Está a piques de comezar, en Santiago, a manifestación en defensa da lingua convocada por Queremos Galego. Imaxe: Anina_as
22 alcaldes imputados por corrupción concorrerán ás eleccións de maio en Galicia, destaca El País
Os galegos Javier Gutiérrez e Nerea Barros triunfan na noite dos Goya polas súas interpretacións en La Isla Mínima, gañadora da noite con 10 premios, entre eles o de mellor película e mellor director. Quedaron sen galardón A Esmorga, A Tropa de trapo e Sangre de unicornio
O Celta empata ante a Real Sociedad en Anoeta (1-1) cun gol de Nolito nos últimos minutos.
O comité de empresa e a dirección de Lantero chegan a un acordo que anula os 56 despedimentos previstos pola compañía e pon fin a 118 días de folga. Os traballadores e traballadoras ratificaron o acordo na mañá deste sábado en asemblea e retomarán a actividade dende este mesmo luns.
Compromiso por Galicia constitúe a súa Comisión Organizativa das Municipais 2015. O secretario xeral da formación, Xoán Bascuas, salienta que o proceso de primarias abertas está tendo “unha moi boa acollida”.
Un dos peritos que analizan o accidente do Alvia conclúe que Adif, a empresa pública xestora da liña, non analizou os riscos. Outra das peritaxes detecta unha roda do tren "non apta para a circulación", un fallo que non foi atopado pola Comisión de Fomento que analizou o sinistro; porén, descártase que esta fose a causa do sucedido.
Fenosa probará equipos con líquidos tóxicos no Cabo Vilán, espazo protexido. A Xunta autoriza que o proxecto se tramite sen avaliar o seu impacto ambiental. A situación xa foi denunciada pola SGHN
O Deportivo derrota o Eibar (2-0) con goles de Lucas e Cavaleiro e suma tres importantes puntos na súa loita por manter a categoría