O barco capitaneado por Juan Carlos Pérez Olmedo e que loce nunha das súas velas a mensaxe "No Celulosas", descualificado da Regata Interclubes da Ría de Pontevedra por levar unha mensaxe cunha "clara adscripción a unha opción política, non compartida de maneira unánime". O barco xa fora retirado do Premio Deputación polo mesmo motivo.
Fálase
Luz, auga e gas subiron o triplo que os salarios no Estado desde o comezo da crise. Os servizos básicos incrementan o prezo mentres o soldo dos españois segue a caer.
A policía autonómica galega infla estatísticas con actuacións innecesarias ou repetidas. Un enfrontamento entre sindicalistas e xefes na Coruña revela o descontrol da unidade adscrita á Xunta.
Máis de 22.000 sanitarios agardan para cubrir baixas no Sergas, un 23% máis que o ano pasado. Uns 8.000 enfermeiros e 1.600 médicos dependen dunha chamada da Xunta para traballar.
Tsipras renova a prohibición de desafiuzamentos de primeira vivenda e anuncia un plan urxente para combater a pobreza que afecta milleiros de cidadáns en Grecia.
Os españois da lista Falciani tiñan 1.800 millóns opacos en Suíza. Varios medios europeos revelan o contido da listaxe, con máis de 2.600 clientes de España, entre eles banqueiros como Emilio Botín.
Finaliza a xornada na Segunda B. Vitorias do Celta B ante o Zamora (4-1) e do Rácing ante o Tropezón (3-0). Empate do Compostela ante o Logroñés (3-3). E derrotas do Coruxo en Langreo (2-1) e do Somozas ante o Valladolid B (1-0). O Rácing de Ferrol sitúase terceiro, en postos de play-off de ascenso.
Finaliza a xornada na Terceira galega. Pontevedra, Cerceda, Dépor B, Arousa e Ribadumia lideran a clasificación
As Pontes 3-1 Silva
Barbadás 3-0 Bertamiráns
Ribadeo 1-2 Ordes
Arousa 2-0 Laracha
Choco 1-1 Boiro
Rápido de Bouzas 2-0 Cultural Areas
Alondras 0-0 Racing Vilalbés
Cerceda 2-0 Xuventú Sanxenxo
Pontevedra 3-1 Ribadumia
Bergantiños 2-0 Deportivo BO Lugo remontou o seu partido ante Las Palmas, líder da categoría, e gañou no Anxo Carro (2-1) con dous goles de Iriome. Os lucenses levaban oito partidos sen vencer e afástanse un pouco dos postos de descenso.
O vicepresidente de Abanca e presidente do Grupo Banesco, Juan Carlos Escotet, negou este domingo estar negociando con CaixaBank a absorción de Abanca, como publicaron nos últimos días algúns medios.