Bruxelas vixía se España inclúe no Plan Juncker conexións de AVE de dubidosa rendibilidade. O fondo non financiará a alta velocidade se non a ve viable.
Fálase
Román Rodríguez será o novo conselleiro de Educación. O ata agora deputado do PP substituirá a Jesús Vázquez e Valeriano Martínez, que exercía a Secretaría Xeral da Presidencia, será o recambio para Elena Muñoz en Facenda, segundo vén de confirmar a Xunta. Os ata agora conselleiros serán candidatos do PP ás alcaldías de Ourense e Vigo.
Falciani ficha por Podemos. O ex informático de HSBC que extraeu a lista con milleiros de evasores fiscais está a elaborar un informe para o programa político da formación que lidera Pablo Iglesias.
O barco capitaneado por Juan Carlos Pérez Olmedo e que loce nunha das súas velas a mensaxe "No Celulosas", descualificado da Regata Interclubes da Ría de Pontevedra por levar unha mensaxe cunha "clara adscripción a unha opción política, non compartida de maneira unánime". O barco xa fora retirado do Premio Deputación polo mesmo motivo.
Luz, auga e gas subiron o triplo que os salarios no Estado desde o comezo da crise. Os servizos básicos incrementan o prezo mentres o soldo dos españois segue a caer.
A policía autonómica galega infla estatísticas con actuacións innecesarias ou repetidas. Un enfrontamento entre sindicalistas e xefes na Coruña revela o descontrol da unidade adscrita á Xunta.
Máis de 22.000 sanitarios agardan para cubrir baixas no Sergas, un 23% máis que o ano pasado. Uns 8.000 enfermeiros e 1.600 médicos dependen dunha chamada da Xunta para traballar.
Tsipras renova a prohibición de desafiuzamentos de primeira vivenda e anuncia un plan urxente para combater a pobreza que afecta milleiros de cidadáns en Grecia.
Os españois da lista Falciani tiñan 1.800 millóns opacos en Suíza. Varios medios europeos revelan o contido da listaxe, con máis de 2.600 clientes de España, entre eles banqueiros como Emilio Botín.
Finaliza a xornada na Segunda B. Vitorias do Celta B ante o Zamora (4-1) e do Rácing ante o Tropezón (3-0). Empate do Compostela ante o Logroñés (3-3). E derrotas do Coruxo en Langreo (2-1) e do Somozas ante o Valladolid B (1-0). O Rácing de Ferrol sitúase terceiro, en postos de play-off de ascenso.