Representantes da Marea Atlántica, Guanyem, Ganemos e FRAVM debaten arestora en Madrid sobre as "novas apostas municipais". O acto, organizado por Eldiario.es, pódese seguir ao vivo nesta ligazón
Fálase
O presidente dos comuneiros de Cabral, Luis Rodríguez, acudiu esta mañá a declarar por un suposto delicto de apropiación indebida. Nos xulgados foi recibido por ducias de veciños, que lle preguntaban sobre as irregularidades na súa xestión e pedían a dimisión da xunta reitora.
O pleno do Parlamento comeza con protestas de Francisco Jorquera e Xosé Manuel Beiras polos novos límites ás iniciativas de AGE e BNG. Antes da sesión, o grupo do Bloque concentrouse simbolicamente amorzadado.
Román Rodríguez e Valeriano Martínez toman posesión como novos conselleiros de Cultura e Educación e Facenda nun acto no que Feijóo e os conselleiros saíntes aproveitan para facer campaña.
Ducias de detidos en Andalucía pola fraude dos cursos de formación, entre eles políticos, empresarios e funcionarios. A operación prevé que se practiquen unhas noventa detencións nas vindeiras horas.
A SER despide sete veteranas traballadoras, varias por motivos disciplinarios. Entre as despedidas está a galega Ana Guantes, unha das responsables do informativo Hora 14.
A lista Falciani revela que a familia Pujol xa operaba en Suíza en 1994. Os fundadores do ABC tamén posuían cartos nunha conta de HSBC.
TVE contrata xornalistas de Intereconomía para o ano electoral e os traballadores denuncian a creación dunha "redacción paralela" por parte do PP na canle pública.
Os adultos que retoman os estudos soben un 80% en Galicia desde o inicio da crise. A comunidade conta con máis de 30.000 matriculados en ensinanzas para adultos, a metade en FP. Uns 1.300 reciben clases de alfabetización.
Europa intensifica a presión sobre a Grecia de Tsipras. A UE e os mercados rexeitan as teses do primeiro ministro no seu discurso de investidura.