O sector lácteo galego continúa as súas mobilizacións contra os baixos prezos do leite. Este venres está convocada unha nova tractorada en Ordes.

O sector lácteo galego continúa as súas mobilizacións contra os baixos prezos do leite. Este venres está convocada unha nova tractorada en Ordes.
Leite Río entra en perdas pero asegura que non repercutiu eses malos resultados nos gandeiros. Analízao Economía Digital
Dous anos despois de ser condenado por matar a súa esposa, a Xustiza retíralle a un lucense a patria potestade dos fillos. Cóntao El Progreso
O novo copagamento sobe case un 10% o gasto sanitario das familias nun ano.
O Goberno central ameaza con "multas millonarias" da UE as autonomías que lles están a devolver a sanidade ás persoas migrantes. Recólleo eldiario.es
No que vai de verán choveu en Galicia un 66% menos que no mesmo período do pasado ano, segundo recolle este venres La Voz
Tsipras explica nunha mensaxe ao pobo grego as razóns da convocatoria electoral, que legalmente esixe a súa dimisión. "O pobo debe decidir quen toma o mando do país", di. Eldiario.es resume a súa comparecencia.
O Encontro Cidadán por unha Marea Galega lembra que este xoves remata o prazo para a inscrición na xuntanza que organiza para este sábado.
O PP carga contra o goberno de Santiago pola retirada de axudas a antiabortistas. O exalcalde, Agustín Hernández, proclama que Martiño Noriega vai ser o "protagonista do primeiro desafiuzamento" na cidade por deixar de subvencionar estas entidades. Recólleo Europa Press.
A división interna de Syriza tras a aceptación do terceiro rescate forza a convocatoria electoral en Grecia. Tsipras anunciará nas vindeiras horas a súa dimisión e a celebración dos comicios para o 20 de setembro. Está a contalo eldiario.es