No que vai de verán choveu en Galicia un 66% menos que no mesmo período do pasado ano, segundo recolle este venres La Voz
Fálase
Tsipras explica nunha mensaxe ao pobo grego as razóns da convocatoria electoral, que legalmente esixe a súa dimisión. "O pobo debe decidir quen toma o mando do país", di. Eldiario.es resume a súa comparecencia.
O Encontro Cidadán por unha Marea Galega lembra que este xoves remata o prazo para a inscrición na xuntanza que organiza para este sábado.
O PP carga contra o goberno de Santiago pola retirada de axudas a antiabortistas. O exalcalde, Agustín Hernández, proclama que Martiño Noriega vai ser o "protagonista do primeiro desafiuzamento" na cidade por deixar de subvencionar estas entidades. Recólleo Europa Press.
A división interna de Syriza tras a aceptación do terceiro rescate forza a convocatoria electoral en Grecia. Tsipras anunciará nas vindeiras horas a súa dimisión e a celebración dos comicios para o 20 de setembro. Está a contalo eldiario.es
A poboación galega é a que máis datos móbiles consome na Península, segundo un estudo que recolle Mallando no Android
Xa está en marcha a tractorada na contorna de Vilalba para reclamar "prezos dignos" do leite galego
O terceiro satélite deseñado coa participación da Universidade de Vigo xa está no espazo. GCiencia conta os detalles do lanzamento.
As homenaxes a Ánxel Casal culminaron o serán deste mércores en Teo. A figura do alcalde e editor foi lembrada no lugar do seu asasinato polo alcalde da localidade e polos rexedores de Santiago, A Coruña e Arzúa.
O propietario de Leite Río apela agora ao diálogo e evita criticar a tractorada convocada para este xoves en Vilalba. A comezos de agosto Jesús Lence acusou os gandeiros de convocar estas mobilizacións para "ir de festa".