Rianxeira gaña a bandeira da Concha por quinto ano consecutivo na categoría feminina, por diante de Zumaia, que se impuxo na manga celebrada este domingo en Donostia. Na categoría masculina, Tirán foi terceiro por detrás de Kaiku e Urdaibai.
Fálase
O nadador Chano Rodríguez anuncia a súa intención de participar nos Xogos Paralímpicos de Río en 2016. O vigués sumou tres medallas máis en Londres e chega xa a 16
Nunha entrevista que este luns publica o Financial Times, George Soros pídelle a Alemaña que "lidere a saída da crise ou abandone o euro". Soros afirma que "se insisten nunha política de austeridade, de reforzar a actual fase deflacionaria" estarán "emprrando Europa cara a unha situación intolerable"
Ara publica que PNV e PSE se preparan para pactar. Pola súa banda El Mundo afirma que Patxi López ve "viable un pacto PNV-PP porque se entenden cos recortes"
Villaweb entrevista a Carme Forcadell, presidenta da Assemblea Nacional Catalana, que convoca a manifestación da Diada en Barcelona. Forcadell salienta que "a manifestación é independentista", fronte ás declaracións de Duran i Lleida, que afirmaba o contrario.
Passos Coelho, primeiro ministro de Portugal, puxo as redes sociais a ferver despois de publicar unha nota no seu Facebook este domingo na que tentaba explicar os novos recortes. O Goberno vai aumentar as cotizacións dos traballadores á seguridade social, polo que cada portugués con traballo perderá ao redor do soldo dun mes.
Hollande anuncia un recorte de 30.000 millóns en dous anos. O presidente francés, nunha comparecencia na televisión, di que obterá 10.000 millóns a partir de recortes ministeriais, outros 10.000 de grandes empresas e unha última achega a través das grandes fortunas. Ademais, defende a flexibilización do mercado laboral, pero mantén a taxa do 75% aos máis ricos e revisa á baixa o crecemento de Francia, até o 0,8%.
Fútbol. Resultados de Terceira División.
Cerceda 0 - 1 Pontevedra
Racing de Ferrol 3 - 2 Compostela
Fabril 0 - 1 Bergantiños
Betanzos 1 - 1 Ordes
Negreira 1 - 1 Céltiga
Racing Vilalbés 3 - 0 Narón
Alondras 1 - 2 Celta B
Rápido de Bouzas 0 - 1 Barbadás
Vilalonga 3 - 1 As Pontes
Somozas 3 - 1 DornedaFútbol. O Ourense cae na casa ante o Tenerife (2-3), mentres que o Coruxo saca un empate (0-0) en Luanco ante o Marino.
Fútbol. O Lugo saca un valioso empate ante o Sporting (1-1) no Molinón. Adiantáronse os asturianos, pero empatou Óscar Díaz nun partido no que os lucenses tiveron o apoio de centos de afeccionados galegos.