José Carlos Díez analiza en Cinco Días o efecto do resultado das eleccións alemás na política europea e conclúe que "Merkel mandou moito até agora en Europa pero mandará moito máis tras as eleccións". Engade que se ben "a campaña centrou a Merkel no debate interno", agora "retomará a súa axenda europea. E se empeza a ruxir acabará a lúa de mel da nosa prima de risco"
Fálase
Juan Torres recupera no seu blog o artigo difundido en Público esta fin de semana: "Alemaña engánase e engana a Europa". O economista sinala que "os grandes poderes económicos" veñen impulsando "por todos os medios ao seu alcance o desmantelamento da democracia en toda Europa"
O PP rexeita modificar a orde do día da comisión que estuda medidas contra a corrupción, na que a oposición reclamaba a comparecencia de Feijóo. AGE e BNG non participarán na elaboración do ditame como protesta pola actitude dos conservadores.
O conselleiro de Educación sentenza que "os que se opoñen ao decreto do galego non son demócratas". Nunha entrevista en El País
Feijóo pide o primeiro debate de política xeral da lexislatura para o mes de outubro, as datas nas que se adoitaba celebrar durante os gobernos de Manuel Fraga por ser ese o mes electoral. Este pleno de "estado da autonomía" non se celebra dende marzo de 2012.
Jorge Fabra, de Economistas Frente a la Crisis, destaca que o resultado das eleccións alemás "estaba predeterminado" ante o “pensamento débil” da socialdemocracia, "unha lección máis para quen en España consideran que unha saída progresista á crisis é posible". SinPermiso publica unha entrevista de Rafael Poch aos xornalistas freelance Ángel Ferrero e Carmela Negrete, residentes en Berlín: “SPD e Verdes son corresponsables da situación de Alemaña e Europa”
O presidente de RTVE, Leopoldo González-Echenique, dará explicaciones este martes no Congreso, a petición do PSOE, sobre "a existencia de posibles listas negras de traballadores por cuestións ideolóxicas"
O Concello de Cortegada oferta en Internet a aldea de A Barca, abandonada hai anos pola construción do encoro de Frieira. As 12 casas e 15 mil metros cadrados de terreo cederíanse de balde e recibiron xa 890 ofertas.
O leite galego págase coma o español por primeira vez en 6 anos. O prezo medio do litro de leite en orixe situouse en 0,345 euros.
As organizacións pro transparencia aplauden que por fin vaia haber unha norma, pero denuncian a "morneza dunha lei totalmente insuficiente"