PP e Ciudadanos bloquean a vía do Goberno para evitar que Franco acabe na Almudena.

PP e Ciudadanos bloquean a vía do Goberno para evitar que Franco acabe na Almudena.
Dhogs, do galego Andrés Goteira, foi o filme máis visto entre os subscritores da plataforma Filmin o pasado outubro. A película sumou multitude de galardóns mesmo antes da súa chegada aos circuítos comerciais.
A instrutora do accidente do Metro de Valencia de 2006 envía a xuízo a 8 ex-directivos tras ordenarlle en febreiro a Audiencia Provincial reabrir o caso nun auto que evidenciou semellanzas co sinistro de Angrois ocorrido sete anos máis tarde.
De Cospedal anuncia que deixa o posto na Executiva do PP polos "ataques" derivados das súas conversas co ex-comisario Villarejo, pero mantén o seu escano no Congreso.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e mais a deputada da formación, Ana Miranda, visitan arestora no cárcere de Lledoners ao líder de ERC, Oriol Junqueras.
Donald Trump proclama que varios estados dos EUA vanse "converter en Venezuela" se os Republicanos non vencen nas eleccións lexislativas de mañá, nas que tamén se elixen gobernadores. O presidente estadounidense afirmouno, por exemplo, sobre Florida ou Georgia, entre outros. Esa advertencia tamén fora lanzada polo PP en diversos concellos galegos nas municipais de 2015.
As inscricións nas oficinas de emprego subiron en 3.424 en Galicia durante o mes de outubro, ata as 169.744. Son 16.159 menos no paro rexistrado que hai un ano. No mesmo mes as afiliacións medias á Seguridade Social caeron en 690, pero son 23.294 máis que doce meses antes, polo que a cifra total queda en 1,01 millóns de persoas. Máis información, hoxe en Praza.gal
Atasco quilométrico na AP-9 ao seu paso por Santiago, onde a Audasa está a desenvolver as obras de enlace co Gaiás na zona onde hai escasos meses remataran as obras de ampliación de carrís. A causa do engarrafamento esta mañá é un accidente, segundo informa a Radio Galega (Imaxe: DGT)
O PSOE sería a forza máis votada en eleccións xerais e podería volver tentar gobernar con Unidos Podemos, que perdería apoios, e mais forzas soberanistas vascas e catalás, segundo unha enquisa que publica El Periódico de Catalunya.
Comeza na Cidade da Cultura o Campionato Mundial de Xadrez en categoría cadete, con 851 xogadoras e xogadores de 85 países. Estenderase ata o 16 de novembro e nel participan 69 galegos.