O deputado Nasarre recoñece sobresoldos no PP e os pagamentos de Bárcenas.
Fálase
O avogado Carlos Sánchez Almeida destaca no seu blog que a reforma do Código Penal que prepara o Ministerio de Xustiza castigará con máis dureza a descarga de contidos con copyright que a pornografía infantil.
O Racing de Ferrol xogarase o ascenso a 2ªB contra o Laudio de Álava. O Celta B enfrontarase ao Cortes navarro, o Compostela ao Ebro e o Fabril ao Cornellà.
O Parlamento e a RAG organizarán na sede da Cámara unha exposición sobre a historia do Día das Letras. Anunciárono tras a recepción de Pilar Rojo ao presidente da Academia, Xesús Alonso Montero.
BDS-Galiza presenta este mércores nun acto público en Compostela os manifestos de apoio á campaña global de Boicote, Desinvestimentos e Sancións a Israel. Participarán Narf, Pepe Carreiro, Pilar Neira, Cándido Pazó ou Perfecto Conde.
"Bebino todo". Foi a declaración do voceiro do Goberno con Aznar, Miguel Ángel Rodríguez, tras provocar un accidente co seu coche estando baixo os efectos do alcol. O caso de Rodríguez é xulgado nun xuízo rápido. Recólleo a Cadena SER
Os siareiros e siareiras do Obradoiro reciben o premio á mellor afección da Liga ACB de baloncesto
Josep Borrell aposta nun artigo publicado por Economistas Frente a la Crisis por "constituir a zona euro en forma dunha federación e aproximala ao modelo americano"
O Comité Aeroportuario de Galicia reúnese este luns, e nel participarán os alcaldes da Coruña, Santiago e Vigo. Abel Caballero non descarta a convocatoria dunha manifestación en apoio a Peinador.
A Plataforma pola Auditoría Cidadá da Débeda organiza este sábado en Compostela o II Foro Galego da Débeda. Haberá palestras de Marta Rodríguez e de Carlos Taibo, e tamén unha mesa de debate con diversos colectivos en loita no ensino, vivenda, saúde, afectadas pola banca, medio rural e feministas.