O Cerceda adiántase no Roxo ao Fuenlabrada no partido de ida da súa eliminatoria de ascenso a 2ªB. Joselu marcou no minuto 28 para poñer o 1-0
Fálase
Máis de 500 sinaturas avalan xa a petición do Día das Letras Galegas para Roberto Vidal Bolaño. Pódese apoiar esta petición enviando un e-mail ao enderezo robertovidalbolanho@gmail.com
O voceiro do PP na Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso, José María Beneyto, afirmou que unha intervención de España por parte das autoridades económicas de Bruxelas é un escenario que "non hai que excluír" e que "non sería a "apocalipse".
Finalmente o Lugo gañou 3-1 ao At. Balears. Un gol de Dani no minuto 87 para os visitantes acurtou a diferenza, ampla en todo caso, que deixa o equipo galego un chanzo máis preto da Segunda División
A manifestación de SOS Sanidade Pública xa está na Praza da Quintana. Suso de Toro di que "quen hoxe goberna na sanidade pública non cre nela"
Belforti (57') marca o terceiro para o Lugo. Lugo 3- Atlétic Balears 0
Vigo pode vivir hoxe o ascenso do Celta. A cidade prepárase para a celebración e o Faro de Vigo retrata a políticos, empresarios, xornalistas e outros persoeiros na súa fe celeste
O Lugo dispárase cara á Segunda División. No minuto 20 de partido xa lle gaña 2-0 ao At. Balears, con goles de Quero (16') e Belencoso (20')
Comezan a chegar á Alameda de Compostela os participantes na manifestación de SOS Sanidade Pública (imaxe via @saletaGZ)
Presentan a nova web dos Premios da Crítica, con imaxes da cerimonia de entrega do pasado ano e información sobre todas as edicións celebradas dende 1978