A Real Filharmonía de Galicia actuará en varios barrios de Santiago e, na súa nova temporada, ofrecerá concertos con músicos doutros estilos como Julián Hernández, de Siniestro Total, ou a gaiteira Cristina Pato.
Fálase
O ministro grego de Finanzas, Yanis Varoufakis, detalla as seis razóns polas que o Goberno de Grecia pide o "non" no referendo do domingo. Recólleas eldiario.es
Os grupos socialista e popular presentan a mesma proposta de organización interna para o Concello da Coruña. A proposta do goberno local inclúe as rebaixas salariais anunciadas pola Marea Atlántica. Recólleo La Opinión de A Coruña
Editoriais demandan á Xunta por plaxiar contidos na súa plataforma dixital de libros de texto. Cóntao Faro de Vigo
O TSXG tomba o sistema de elección 'a dedo' para dirixir o Centro de Recuperación Integral de vítimas de violencia de xénero, dependente da Xunta. Participantes no proceso e sindicatos alertaran de que o posto "tiña nomes e apelidos dende o inicio".
Alexis Tsipras mantén a celebración do referendo e defende a súa convocatoria: "Pedíronnos asinar un ultimátum inaceptable. A nosa única saída foi convocar a xente. Querían que dixésemos si a todo". "Tomaremos decisións, pero será o luns; o voto popular é máis importante que as decisións do Goberno", dixo, salientando que trala convocatoria chegaron "mellores propostas da UE e o FMI". Varoufakis explica no seu blog as seis razóns polas que recomenda o voto negativo.
Ana Miranda foi recibida no aeroporto de Compostela por militantes e simpatizantes do BNG e outras persoas a prol da causa do pobo palestino.
Outras dúas sondaxes apuntan á vitoria do non no referendo grego. A de Palmos Analysis cun 51% dos votos fronte ao 38% do si. E a de ToThePoint cunha diferenza máis axustada (40.2% fronte a 37%). A realizada por Prodata, coñecida esta mañá, prevé unha marxe maior a prol do non: 54% a 33%.
Grecia acepta a maior parte das condicións impostas pola troika, co obxectivo de acadar unha extensión do segundo rescate. A carta enviada por Tsipras aos dirixentes da UE e da FMI foi publicada polo Financial Times. Alemaña é reacia a aceptar este acordo; o Eurogrupo reunirase esta tarde. Este mércores o primeiro ministro grego fará unha declaración pública en televisión.
Unha nova sondaxe (Prorata) prevé unha vitoria do non no referendo grego. Un 54% rexeitaría a proposta do FMI, fronte a un 33% que a aceptaría. A enquisa, realizada antes e despois do peche bancario, destaca que os partidarios do non se reduciron despois de que o Goberno adoptase esta decisión. O non é amplamente maioritario entre os votantes de Syriza, Anel, Partido Comunista e Amencer Dourado.