O Celta destitúe a Paco Herrera como adestrador e fichará a Abel Resino como substituto. Os celestes están a catro puntos da salvación.
O Celta destitúe a Paco Herrera como adestrador e fichará a Abel Resino como substituto. Os celestes están a catro puntos da salvación.
Rafael Correa gaña con claridade as eleccións en Ecuador. Obtén un 57% dos votos e non necesitará unha segunda volta.
Fútbol. Segunda B. O Ourense vence o Marino (1-0) e o Coruxo empata co Caudal (0-0) e está en postos de promoción de ascenso.
O Obradoiro gaña con claridade ao Baskonia (84-70) e recupera as boas sensacións. Os de Moncho Fernández venceron con claridade nun dos seus mellores partidos da tempada.
O Lugo cae goleado en Huesca (3-0). O equipo galego xogou un mal partido e non tivo opcións ante o equipo aragonés.
Comeza a manifestación contra a mina de Corcoesto en Coristanco. Os convocantes esixen das autoridades "que recúen no seu apoio decidido a estas explotacións de consecuencias catastróficas para o entorno natural e humano". Imaxe de Monte Pindo Parque Natural.
Xornada nefasta para os equipos galegos de fútbol sala. O Azkar Lugo caeu goleado en Barcelona (7-0), o Santiago Futsal perdeu na casa ante o Caja Segovia (4-5) e o Burela non puido co Zaragoza (2-4).
O Patín Cerceda, subcampión da Copa Príncipe de hóckey logo de caer na final contra o Mataró (5-7).
O PPdeG pide "desculpas" aos veciños de Santiago polos casos de corrupción do goberno local. Faino o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, que di na Cadena Ser que o partido "tomará medidas".
A Marea Branca a prol da Sanidade Pública percorre varias cidades de Galicia. Ourense, Pontevedra e Narón acolleron manifestacións contra a privatización sanitaria e centos de persoas secundaron a convocatoria de SOS Sanidade Pública. Máis información, esta tarde en Praza. Imaxe de @XCGaliza