Un ex marine afroamericano mata tres policías na cidade estadounidense de Baton Rouge, poucos días despois dunha protesta contra dous novos casos de violencia policial contra a poboación negra
Fálase
A ultradereita francesa criminalizou os refuxiados españois en 1939 como agora fai cos sirios, chamándoos delincuentes
El Diario analiza no 80 aniversario do golpe de 1936 os apoios económicos cos que contou a sublevación militar: Hitler, Salazar, Mussolini, e parte da elite económica española, encabezada por Juan March
Podemos proporá que Xavier Domènech presida o Congreso dos Deputados, segundo vén de confirmar a formación. Cóntao El Periódico de Catalunya
Extinguidos tres incendios en Baiona tras queimaren unhas 30 hectáreas, segundo informa Medio Rural
O Concello de Sanxenxo pagou 240 euros por tubos de iluminación que custaban 2,53 euros. Cóntao Pontevedra Viva
A Illa de San Simón acolle este domingo a homenaxe nacional ás vítimas do franquismo, organizada dende a Iniciativa Galega pola Memoria
O risco de incendios forestais é hoxe moi alto ou extremo en máis da metade do territorio galego. Este sábado rexistráronse diversos incendios no país, caso dos declarados en Baiona, no Morrazo e en varios puntos da provincia de Ourense.
A Comisión Europea esixirá un novo recorte de 10.000 millóns ao vindeiro Goberno de España. Detállao El País citando fontes da UE, que ademais confirman a conxelación duns 1.000 millóns en fondos estruturais e dun novo programa de control das contas españolas.
Erdogan lanza unha forte vaga represiva en Turquía tras o intento de golpe de Estado.