Unha marcha lembra en Londres o 40 aniversario das primeiras mobilizacións polos dereitos LGBT
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4ff93b73cbe02-gay-and-lesbian-people-ma-008.jpg)
Unha marcha lembra en Londres o 40 aniversario das primeiras mobilizacións polos dereitos LGBT
Kofi Annan recoñece nunha entrevista en Le Monde que a misión da ONU en Siria "fracasou"
Esquerda Unida levará o escándalo de Reganosa á Fiscalía Anticorrupción do Estado. O Comité Cidadán mantivo unha xuntanza do deputado José Luis Centella para informalo sobre as últimas novidades sobre o proceso xudicial aberto contra a planta. EU presentará este mes mocións nos concellos da comarca para que os distintos partidos políticos se posiciones sobre a regasificadora.
Constitúese a Coordinadora de ANPAs do Ribeiro e anuncia novas mobilizacións. As asociacións de Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle e Cortegada celebraron este sábado unha asemblea en Castrelo e a partir de agora iniciarán unha rolda de contactos con ANPAs de toda Galicia para abrir novas liñas de presión e planificar novas accións
Proyecto Gato, a entidade viguesa de protección de animais, convoca unha concentración este luns contra o desafiuzamento das súas instalacións, que se executará en 15 días. Denuncian que 300 gatos poden ser sacrificados.
A Confederación de Sociedades Científicas de España, a Conferencia de Reitores e outras asociacións científicas remitíronlle unha carta ao Parlamento Europeo para que frene os continuos recortes nas políticas e fondos para I+D+i en España. Amazings.es analízao dicindo con ironía: "A ver se hai sorte e nos interveñen".
Alberto Garzón, deputado de IU por Málaga, denuncia nun artigo que "son os máis ricos os que viviron por riba das nosas posibilidades, posto que o seu crecente endebedamento –con motivos de especulación inmobiliaria e financeira– foi socializado polos distintos gobernos nacionais e actualmente estámolo pagando a maioría"
Rajoy e Aznar interveñen na clausura do Campus da Fundación Faes, en Navacerrada. O presidente do Goberno incide na necesidade das políticas de austeridade e afirma que "reducir o déficit público é un obxectivo nacional"
Os xornalistas de TVE rexeitan a Somoano como novo director de informativos nun referendo non vinculante. Participou o 30% dos traballadores e traballadoras, que nun 70% votaron en contra do nomeamento
Esta mañá celébrase o Consello Nacional de Compromiso x Galicia, no que se producirá a integración de membros de Acción Galega, entre eles Xosé Manuel Pérez Bouza e Teresa Táboas, e tamén de Ecogaleguistas. Máis información, esta tarde en Praza.