O bispo de Cádiz aposta por "recuperar o diezmo", que destinaría a axudar "os máis necesitados".
Fálase
José Manuel Romay Beccaría volverá ser presidente do Consello de Estado. O ata agora tesoureiro do PP xa o fora con José María Aznar.
O vídeo de publicidade da reforma laboral, producido polo Ministerio de Emprego e que a Xunta Electoral Central obrigou a retirar custou 4.200 euros máis IVE. Veno de confirmar Soraya Sáenz de Santamaría a preguntas dos xornalistas tras o Consello de Ministros.
O Consello de Informativos de TVE, Iñaki Gabilondo, o xornalista marroquí Rachid Nini e a candidatura conxunta dos informadores que cobren o conflito sirio optarán ao Premio José Couso á liberdade de prensa que concede o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Clube de Prensa de Ferrol. Na web do CPXG.
O presidente d'A Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, recupera no seu blog imaxes e parte do discurso de Corina Porro cando, como alcaldesa de Vigo, participou no Correlingua do ano 2004. Callón pregúntase se esa intervención pasaría "a censura" de Conde Roa.
O alcalde de Lugo, "moi tranquilo" antes de declarar nos xulgados da cidade polo caso Campeón. O avogado de Xosé López Orozco solicitará o arquivo da causa contra o rexedor socialista.
O magnate dos casinos Sheldon Adelson proponlle agora á Generalitat de Catalunya que o complexo Eurovegas se inspire en Gaudí. Cóntao Ara.
O CSIC e a Universidade Politécnica de Catalunya desenvolven un sistema para crear mapas de humidade que permite visualizar o impacto da seca en toda a Península Ibérica. En La Información.
O goberno portugués prohibiulle ás empresas de transportes difundir datos sobre o seguimento da folga xeral deste xoves.
A UE inclúe os corredores mediterráneo e atlántico (que une Lisboa con Francia a través de Valladolid e Euskadi) na súa lista de proxectos prioritarios en infraestruturas de transporte. Sinálanse 11 portos principais españois, entre eles A Coruña, pero non Vigo, e 6 aeroportos, ningún galego.