O goberno portugués prohibiulle ás empresas de transportes difundir datos sobre o seguimento da folga xeral deste xoves.
Fálase
A UE inclúe os corredores mediterráneo e atlántico (que une Lisboa con Francia a través de Valladolid e Euskadi) na súa lista de proxectos prioritarios en infraestruturas de transporte. Sinálanse 11 portos principais españois, entre eles A Coruña, pero non Vigo, e 6 aeroportos, ningún galego.
Os Mossos d'esquadra levaron a cabo este xoves unha operación policial contra a Asociación Barcelonesa Cannábica de Autoconsumo, que chegara a un acordo co Concello de Rasquera para alugar terreos agrícolas para o cultivo de cannabis, co que o Goberno municipal esperaba crear 40 postos de traballo.
O Diário de Notícias dedica a súa portada a salientar que no 2011 emigraron 150 portugueses (medio millón dende 2007), cifras semellantes aos peores picos dos anos 60. Agora os destinos son outros: Brasil, Inglaterra e Angola.
Esperanza Aguirre márcalle o camiño a Rajoy. A Comunidade de Madrid chega a un acordo de servizos mínimos para a folga do 29M cos sindicatos antes que outras adminstracións; por exemplo, o ministerio de Fomento reunirase este venres coas centrais.
Aquí tedes o debate entre Xosé Manuel Beiras (Encontro Irmandiño), Xoán Bascuas (+Galiza) e Manuel Dios (Espazo Ecogaleguista) celebrado na Facultade de Filoloxía da USC o 21 de marzo de 2012
Non puido ser. Laura Calvo e María Vilas non gañaron finalmente o premio mundial do YouTube Space Lab, o que non lle resta un milímetro de mérito ao seu excelente proxecto.
Bertín Osborne confesa este xoves na edición ferrolterrá de La Voz de Galicia que hai vinte anos, grazas á súa amizade co daquela concelleiro Arsenio Fernández de Mesa, o alcalde da cidade Couce Doce chamouno para ofrecerlle terreos en primeira liña de costa.
O número de persoas que en España consulta medios de comunicación en España "case a diario" creceu un 160% no último ano.
O día vai de festas... esta tarde presentouse en Compostela a iniciativa Mil festas máis para a lingua galega, promovida pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, aposta por que as celebracións populares "inclúan a exaltación da identidade territorial, o uso da lingua galega e a interpretación do himno", entre outros. Aínda que o PP criticou con dureza iniciativas semellantes dende a oposición, esta campaña ten agora o apoio da Xunta.