Agustín Fernández Paz le o manifesto Voares de Esperanza para unha praza da Quintana completamente ateigada.
Agustín Fernández Paz le o manifesto Voares de Esperanza para unha praza da Quintana completamente ateigada.
Letras Galegas é agora mesmo trending topic de twitter en España
A praza da Quintana está case ateigada e aínda hai moita xente que non entrou (imaxe via @onosolar)
A cabeceira da manifestación #17MQueremosGalego xa entrou na Quintana, pero moita xente aínda se atopa na Praza de Galicia. Vídeo de Diego Boquete (@onosolar)
As accións de Bankia caen case un 20%, e acumulan unha caída do 50% dende a saída de Rato, a pesar de que a entidade leva días mercando títulos propios por valor de 35 millóns de euros. A CNMV non ve motivos para suspender a cotización.
Moita xente na manifestación, con berros de "Sempre en Galiza, sempre en galego" ou "Núñez Feijoo, inimigo do galego"
A manifestación de Queremos Galego hai uns minutos que percorre as rúas de Compostela.
Jot Down Magazine celebra o seu primeiro ano na rede coa edición dun número especial impreso, que recollerá algúns dos seus mellores contidos e algún textos inéditos. Poderá adquirirse online.
O pleno do Congreso dos Deputados aproba hoxe definitivamente os recortes en sanidade e educación. Na Cadena SER.
O presidente do Intergrupo de Linguas do Parlamento Europeo, François Alfonsi, envíalle unha carta de parabéns á RAG polo Día das Letras