MAPA Unha vintena de formas para denominar en galego os fillos e fillas menores da familia. Recompilounas un estudo do ILG que é posible consultar aquí

MAPA Unha vintena de formas para denominar en galego os fillos e fillas menores da familia. Recompilounas un estudo do ILG que é posible consultar aquí
Unha trintena de mareas municipais participa este sábado en Marín nun novo encontro das Mareas en Común. Entre os asuntos que abordan as plataformas municipalistas está o proceso de toma de decisións e a organización interna do que pretender ser base para a "confluencia" nas eleccións gaelgas.
Investigan un caso de posible violencia machista en Lugo tras aparecer morta no seu coche unha moza á que apuñalaran.
Podemos aspira a unhas novas negociacións co PSOE ao límite do prazo que eviten novas eleccións xerais. Crónica de Aitor Riveiro en eldiario.es
O Goberno galego prevé gastar ata 20 millóns de euros na ampliación do complexo administrativo de San Caetano. Vén de lanzar o concurso de ideas para transformar o espazo da estación de autobuses de Santiago na súa nova sede.
A Xunta di estar estudando a posibilidade de sacar a concurso as concesións de autobuses cuxas prórrogas anulou o Supremo
VÍDEO Hoxe estréase Lobos Sucios, o filme centrado na historia de dúas mineiras galegas do wolframio en plena II Guerra Mundial. A fita opta a 14 premios Mestre Mateo.
Detido un home por plantar eucaliptos no Castro de Pastoriza, en Arteixo. Recólleo El País.
Dimite o ministro de Cultura de Portugal tras ameazar con "bofetadas" a dous colaboradores do xornal Público a través de Facebook. O primeiro ministro, António Costa, aceptou "naturalmente" a dimisión de João Soares, sinalou.
Un gráfico oficial sobre dependencia representa 15.000 persoas como unha cantidade maior que 300.000. Vén de difundilo o IMSERSO para amosar afiliacións de profesionais do sector.