Dimite o ministro de Cultura de Portugal tras ameazar con "bofetadas" a dous colaboradores do xornal Público a través de Facebook. O primeiro ministro, António Costa, aceptou "naturalmente" a dimisión de João Soares, sinalou.

Dimite o ministro de Cultura de Portugal tras ameazar con "bofetadas" a dous colaboradores do xornal Público a través de Facebook. O primeiro ministro, António Costa, aceptou "naturalmente" a dimisión de João Soares, sinalou.
Un gráfico oficial sobre dependencia representa 15.000 persoas como unha cantidade maior que 300.000. Vén de difundilo o IMSERSO para amosar afiliacións de profesionais do sector.
Podemos celebrará unha consulta entre os días 14 e 16 sobre o apoio a un goberno do PSOE e Ciudadanos ou á proposta do propio partido. Iglesias afirma en rolda de prensa sentirse "decepcionado" tras a xuntanza deste xoves pola "falta de vontade" do PSOE a un "goberno de esquerdas".
O Concello de Lugo culmina a remuda de nomes franquistas no seu rueiro, ao que se incorporan homenaxes a Avelino Pousa Antelo ou Isaac Díaz Pardo en substitucións de persoeiros da ditadura.
Os técnicos de Facenda agrupados en Gestha difunden os dez erros e omisións más frecuentes á hora de presentar as declaracións da renda. Xa hai uns días publicaran un Manual Básico para afrontar a Campaña da Renda con éxito
Ao redor de 200 persoas concentráronse este xoves na Maestranza, na Coruña, para esixirlle ao Ministerio de Defensa que anule a poxa dos terreos nos que pretende construír vivendas de luxo, ingresando 25 millóns de euros. Reclaman que o espazo, en orixe comunal, manteña o seu carácter público e, ademais, potenciar a rehabilitación dos centos de vivendas baleiras que hai na Cidade Vella.
José Manuel Rey Varela, Agustín Hernández, Ángeles Vázquez e Pedro Puy, entre os aspirantes que soan con máis forza para ocupar secretaría xeral do PPdeG, segundo La Voz de Galicia. Decidirase os vindeiros 7 e 8 de maio no congreso que a formación celebra en Ourense.
Un sector turístico "moi exiguo", un insuficiente uso das TIC e un reducido esforzo en I+D, principais debilidades da economía galega, segundo unha análise de Albino Prada que se inclúe na última publicación de Funcas. As fortalezas: o maior peso das exportacións.
O Concello da Coruña liquida o contrato para urbanizar o Ofimático e ordena que paren as obras. A decisión é consecuencia do ditame xudicial que en 2014 anulou a licitación realizada en 2011. Debe repetirse todo o proceso de adxudicación das obras.
A Asociación de Armadores de Cerco de Galicia, maioritaria no sector, presentará este venres un recurso ante o Tribunal Xeral da Unión Europea en Luxemburgo para tumbar o sistema de reparto de cotas. Convidan a Xunta a unirse