Ao redor de 200 persoas concentráronse este xoves na Maestranza, na Coruña, para esixirlle ao Ministerio de Defensa que anule a poxa dos terreos nos que pretende construír vivendas de luxo, ingresando 25 millóns de euros. Reclaman que o espazo, en orixe comunal, manteña o seu carácter público e, ademais, potenciar a rehabilitación dos centos de vivendas baleiras que hai na Cidade Vella.
Fálase
José Manuel Rey Varela, Agustín Hernández, Ángeles Vázquez e Pedro Puy, entre os aspirantes que soan con máis forza para ocupar secretaría xeral do PPdeG, segundo La Voz de Galicia. Decidirase os vindeiros 7 e 8 de maio no congreso que a formación celebra en Ourense.
Un sector turístico "moi exiguo", un insuficiente uso das TIC e un reducido esforzo en I+D, principais debilidades da economía galega, segundo unha análise de Albino Prada que se inclúe na última publicación de Funcas. As fortalezas: o maior peso das exportacións.
O Concello da Coruña liquida o contrato para urbanizar o Ofimático e ordena que paren as obras. A decisión é consecuencia do ditame xudicial que en 2014 anulou a licitación realizada en 2011. Debe repetirse todo o proceso de adxudicación das obras.
A Asociación de Armadores de Cerco de Galicia, maioritaria no sector, presentará este venres un recurso ante o Tribunal Xeral da Unión Europea en Luxemburgo para tumbar o sistema de reparto de cotas. Convidan a Xunta a unirse
1.553 familias madrileñas sufrirán ata 2019 subas do 43% nos alugueiros que cobran os fondos voitre e o Concello non dispón de vivendas para aloxalos.
PSOE, Podemos e Ciudadanos conclúen a súa xuntanza despois de dúas horas e media. A formación morada presentoulle ao PSOE un documento con novas cesións para tentar chegar a un goberno de esquerdas "á valenciana". Ciudadanos acusa a Podemos de querer rachar o acordo entre PSOE eo partido laranxa e de substituílo por outro pacto
Un xuíz declara nulas as cláusulas solo de 40 entidades bancarias por "falta de transparencia". A maxistrada condena os bancos e caixas a devolver as cantidades "indebidamente" abonadas desde o 9 de maio de 2013.
Este mapa interactivo permite observar o alcance internacional do escándalo dos Papeis de Panamá, amosando en cada país o número de empresas e clientes que realizaban operacións opacas a través de Mossack Fonseca
As tres principais asociacións xudiciais -Jueces para la Democracia, Asociación Profesional de la Magistratura e Francisco de Vitoria- critican a actuación do xefe da UDEF, que instigou unha investigación sobre Podemos, unha acción que cualifican de "insólita inxerencia". Jueces para la Democracia considera que Interior debe dar explicacións sobre o sucedido