As tres principais asociacións xudiciais -Jueces para la Democracia, Asociación Profesional de la Magistratura e Francisco de Vitoria- critican a actuación do xefe da UDEF, que instigou unha investigación sobre Podemos, unha acción que cualifican de "insólita inxerencia". Jueces para la Democracia considera que Interior debe dar explicacións sobre o sucedido
Fálase
Montoro rebaixa en 1.600 millóns a cifra de déficit por un cambio metodolóxico e déixao no 5%. Asegura que se trata dun cambio obrigado por Eurostat por un cambio na forma de cifrar o impacto da cesión estatal do espazo radioeléctrico
IU presenta unha querela contra Rajoy polo “propósito criminal” do acordo con Turquía para a expulsión de refuxiados. Denuncia o presidente do Goberno en funcións por catro delitos, entre eles o de lesa humanidade
A Plataforma galega en defensa do ensino público pide amparo á Valedora para paralizar a Lomce. Rexistra unha petición na que demanda a anulación da norma logo de que o Congreso instase o Goberno a botala abaixo.
O rexeitamento holandés do acordo entre a UE e Ucraína pon en dificultades ás autoridades comunitarias. A vitoria do non no referendo celebrado onte (61% dos votos, 32% de participación, lixeiramente por riba do 30% esixido para que a consulta sexa válida) supón en realidade unha vitoria dos grupos euroescépticos.
Feijóo di que se presenta porque "a alternativa é aterradora": "o partido de Podemos" con "socialistas e nacionalistas" na Xunta. Afirmouno nunha entrevista en Telecinco que recolle Europa Press.
O Concello de Teruel ameaza a 'El Mundo Today' cunha denuncia por unha peza satírica
O actual xefe da Policía en Galicia chamou a xuíces do Supremo para impulsar unha querela contra Pablo Iglesias días antes de deixar a xefatura da UDEF, segundo conta o xornal El Español
Rajoy defende como "seguro" o acordo da UE con Turquía para deportacións masivas de persoas refuxiadas.
O aumento da abstención deixaría a PP e Ciudadanos á beira da maioría absoluta nunhas novas eleccións xerais. Enquisa en eldiario.es