A CNMV suspende a cotización de Bankia, logo de que o FROB decidise valorar cada acción en 0,01 euros, segundo adianta Expansión.
Fálase
Xa se pode ver integramente a conferencia que a pasada semana ofreceu en Vigo o Fiscal Superior de Galicia. Carlos Varela, convidado por A Nave das Ideas, falou sobre A corrupción sistémica e a forma de facerlle fronte
En Francia comezou a funcionar Parlement & Citoyens, unha plataforma de software libre que ofrece ferramentas que posibilitan a co-creación de proxectos de lei entre deputados e cidadáns
A asociación O Fervedoiro critica o proxecto de instalación do parque eólico do Xesteiras, en Cuntis. Denuncian o impacto que pode ter no ecosistema e tamén sobre varios elementos do patrimonio histórico-artístico.
PP, UPyD e PNV votarán este xoves no Congreso contra a prohibición do fracking proposta por Izquierda Plural
O BNG pide no Parlamento eliminar as exencións fiscais dos deputados. Os parlamentarios autonómicos cada ano reciben máis de 31.000 euros libres de impostos para aloxamento e manutención, que supoñen o 54% dos 57.000 ingresos totais que como mínimo cobra cada deputado.
A economía alemá caeu un 0,6% no cuarto trimestre do ano, unha décima máis do agardado. O PIB francés tamén caeu un 0,3% e rolda a recesión
A Generalitat proporalles hoxe aos seus funcionarios deixalos de novo sen unha paga extra
Políticos de distintos partidos foron espiados en Catalunya. Dirigentes do PSC contradinse sobre a relación do partido coa empresa Método 3, que levou a cabo a espionaxe.
AGE insta á Xunta e ao Ministerio a que resolvan o que consideran "as hipotecas que están a lastrar a ría de Ferrol", como son os vertidos de Reganosa, o perigoso tráfico que supoñen as instalacións gaseiras no interior da ría e os continuados atrasos para realizar o seu saneamento integral.