O Goberno non nega que vaia pedir o rescate, pero supedita a solicitude aos resultados das auditorías sobre o sector bancario e aos datos do FMI. "Non hai nada decidido", dixo a voceiro do Executivo, Soraya Sáenz de Santamaría, tras o Consello de Ministros.
Fálase
Luís Rial, destituído da Radio Galega por insultar os seus compañeiros, pide desculpas aos traballadores nunha carta pública. "En ningún momento quixen poñer en cuestión a súa profesionalidade", di.
O ex conselleiro de Pesca Enrique López Veiga será o novo senador por designación autonómica. O PP vén de rexistrar a súa proposta, que se aprobará no pleno do Parlamento o vindeiro martes, para substituír a vacante de José Manuel Romay Beccaría. López Veiga disputoulle a presidencia do PPdeG a Alberto Núñez Feijóo en 2006.
Fitch rebaixa a nota de once entidades territoriais do Estado, entre as que destaca o País Vasco, as súas tres provincias e a cidade de Donosti. Madrid e Barcelona tamén están afectadas, ao igual que o FROB ou a SEPI.
O Goberno nega "rotundamente" que España vaia pedir o rescate esta fin de semana, tal e como adiantara Reuters.
Periodismo Humano fai unha ampla escolma de fotografías e vídeos das mobilizacións dos mineiros en Asturias e en Ciñera (León), onde os traballadores fixeron dar volta aos antidisturbios da Garda Civil. Os mineiros resístense á súa fin
A Real Academia Galega celebra mañá unha sesión plenaria extraordinaria en Celanova co gallo do Ano Celso Emilio Ferreiro. Todos os detalles, na web da RAG.
Artabra 21 amosa e permite a descarga de Retomando a palabra, o libro no que David Rodríguez, deseñador gráfico e colaborador de Praza, realiza unha escolma de artigos do seu blog, O funambulista coxo. Está editado por Estaleiro Editora.
A axencia Reuters asegura que España pedirá o rescate á UE esta mesma fin de semana, segundo dous fontes comunitarias e outra alemá.
Case a metade das persoas con altas capacidades, os "superdotados", de todo o Estado non chega á universidade. Cóntao este informe (.pdf).