A Real Academia Galega celebra mañá unha sesión plenaria extraordinaria en Celanova co gallo do Ano Celso Emilio Ferreiro. Todos os detalles, na web da RAG.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4fd1b6caecaa3-image_gallery.jpeg)
A Real Academia Galega celebra mañá unha sesión plenaria extraordinaria en Celanova co gallo do Ano Celso Emilio Ferreiro. Todos os detalles, na web da RAG.
Artabra 21 amosa e permite a descarga de Retomando a palabra, o libro no que David Rodríguez, deseñador gráfico e colaborador de Praza, realiza unha escolma de artigos do seu blog, O funambulista coxo. Está editado por Estaleiro Editora.
A axencia Reuters asegura que España pedirá o rescate á UE esta mesma fin de semana, segundo dous fontes comunitarias e outra alemá.
Case a metade das persoas con altas capacidades, os "superdotados", de todo o Estado non chega á universidade. Cóntao este informe (.pdf).
Seis estradas asturianas e unha liña de tren cortadas nunha nova xornada de folga da mineiría, que endurece as súas protestas contra o Goberno.
A Xunta adxudicoulle á empresa Limpiezas Pisuerga Grupo Norte o servizo de limpeza do complexo administrativo de San Caetano. Cun ano de duración o contrato supón 4,5 millóns de euros.
En plena vaga de recortes a Asemblea de Madrid votou onte a supresión do Defensor do Menor nesa rexión. O PP de Esperanza Aguirre tivo o apoio de UPyD.
Tras o inicio da súa andaina dixital, Sermos Galiza sae este vernes por primeira vez aos quioscos. O semanario distribúese cada venres.
As necesidades de saneamento de Novagalicia Banco e Catalunya Caixa ocupan este venres boa parte das principais novas dos diarios impresos. NCC Banco precisa 3.400 millóns adicionais do Estado.
O voceiro económico da Comisión Europea, Amadeu Altafaj, di en TV3 que o rescate da banca española se producirá "en semanas". En Ara.