Un xefe de brigada sofre queimaduras de segundo grao no incendio da Merca
Fálase
A Mesa reclama a derrogación do decreto do plurilingüismo e a elaboración doutro "xuridicamente forte e pedagoxicamente eficaz" tras as sentenzas que anularon parte da normativ vixente.
O incendio da Merca xa queimou catro casas, unha delas habitada. Tamén está declarada a alerta de nivel 1 en Paderne de Allariz e Guitiriz. (foto: @ptaboadab)
O 27 de setembro Pontevedra acolle a primeira sesión do evento Estruming Days, que busca afondar en distintas experiencias e propostas de innovación que se desenvolven na zona rural. Terá continuidade en outubro e novembro. Os seus organizadores destacan que "hai que combinar o ben propio e o ben común respectando a identidade e aproveitando os propios recursos”
O Comité de Empresa da TVG denuncia no blog Eu non manipulo que a televisión pública silenciou as voces críticas coa xestión do Goberno galego do incendio do Monte Pindo.
Feijóo considera un "chiste" os eloxios a Franco que vén lanzando reiteradamente o alcalde de Beade, do PP. Díxoo nun almorzo informativo do que dá conta El País.
Un incendio obriga a desaloxar un colexio na Merca, segundo recolle Europa Press.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca folga contra a LOMCE o 24 de outubro e manifestacións para ese día ás 11:30 horas
Angela Merkel rexeita en rolda de prensa gobernar en minoría: "necesitamos un Executivo estable". A Unión CDU-CSU, a cinco escanos da maioría absoluta, buscará o apoio de socialdemócratas ou verdes. Merkel afirma que non mudará a súa política sobre Europa.
PRNoticias analiza os problemas económicos de El Mundo e El País, en situación "de quebra técnica"