Gol do Cádiz no minuto 13, obra do ourensán Ferreiro despois duns primeiros minutos de claro dominio amarelo. Con este 1-0 o Lugo seguiría sendo equipo de Segunda #forzalugo
Fálase
En Lugo comeza a chegar a xente á praza de Augas Férreas, onde se instalou unha pantalla xigante para ver o Cádiz-Lugo. A media hora do comezo do partido, arde o twitter co hashtag #forzalugo. Os gaditanos non van a poñer as cousas doadas e comezan a encher o Ramón de Carranza.
Mohamed Morsi, o candidato dos irmáns musulmáns, declarado gañador das eleccións presidenciais exipcias cun 51% dos votos (un millón de votos máis ca Shafiq). Ducias de milleiros de persoas levaban horas agardando o resultados nas prazas e rúas de todo Exipto, comezando pola emblemática Praza Tahrir, onde os seguidores de Morsi celebran o resultado nestes momentos.
A Ponferradina regresa a Segunda División despois de derrotar o Tenerife 1-2 no Heliodoro. O Lugo comezará ás sete da tarde en Cádiz o partido no que pode certificar o seu ascenso á categoría de prata. Chega coa vantaxe do 3-1 da ida
River Plate regresa á primeira división arxentina un ano despois do seu dramático descenso. É o tema que monopoliza as portadas da prensa porteña (a deportiva e a xeralista)
El Correo publica unha enquisa de intención de voto pola cal o PNV gañaría as eleccións en Euskadi (24-26 escanos), superando a Bildu (19-21) e PSE (14-17). O PP tería 11-12 e IU 2. Habería unha clara maioría nacionalista e os entrevistados preferirían unha coalíción PNV-Bildu (38%) que unha PNV-PSE (34%).
Este domingo ao mediodía anunciarase o gañador das eleccións exipcias. Tanto os partidarios de Mohamed Morsi coma os de Ahmed Shafiq ocupan as rúas.
Fernando Lugo di que acepta a "decisión inxusta" e afirma que está meditando se presentarse ás eleccións do vindeiro ano. Mentres, o rexeitamento en Latinoamérica continúa, e Uruguai e Brasil chamaron os seus embaixadores a consultas.
Microsiervos presenta a historia económica do mundo nun só gráfico, que recolle o peso relativo de cada país no produto interior bruto do planeta.
Endesa apraza sine die o seu megaproxecto hidroeléctrico en Chile, aínda que se resiste a supendelo, a pesar de que o seu socio chileno, Colbún, que participa nun 49%, non quere seguir adiante.